Rabka-Zdrój

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRabka-Zdrój
Imaxe

Localización
Mapa
 49°37′N 19°58′L / 49.62, 19.97Coordenadas: 49°37′N 19°58′L / 49.62, 19.97
EstadoPolonia
VoivodatosVoivodato da Pequena Polonia
PowiatCondado de Nowy Targ (pt) Traducir
Comuna urbana-rural (pt) TraducirComuna de Rabka-Zdrój (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación12.468 (2021) Editar o valor em Wikidata (340,75 hab./km²)
Xeografía
Superficie36,59 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude500 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal34-700 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webrabka.pl Editar o valor em Wikidata

Rabka-Zdrój (nas falas gorais: Robka; coloquialmente: Rabka) é unha localidade e cidade-balneario na voivodía da Pequena Polonia (Małopolska), en Polonia. Está situada entre Cracovia e Zakopane, no condado de Nowy Targ, nun val na ladeira norte das montañas Gorce, onde os ríos Poniczanka e Słonka únense ao Raba. Ten arredor de 13.000 habitantes. Hai unha considerable poboación de habitantes étnicamente gorais no pobo.

Rabka foi sempre coñecida polas súas salinas e desde 1864 converteuse nunha popular cidade-balneario. O primeiro centro de tratamento infantil estebleceuse poucos anos despois, aínda activo hoxe en día. A hidroterapia segue sendo utilizada en hospitais e sanatorios locais.

O museo Władysław Orkan, instalado nunha igrexa de madeira de alerce do século XVII, inclúe unha colección de esculturas populares e vidreiras. Tamén alberga o "Museo da Orde do Sorriso" (a cal é outorgada a adultos polos nenos) e acolle eventos como o entroido de inverno, o Festival dos Cárpatos de Conxuntos Rexionais de Nenos, así como o Festival Internacional de Vacacións Infantís de Montaña. Outros eventos folclóricos e de entretemento son celebrados aquí durante a tempada de verán.

Escola de policía nazi[editar | editar a fonte]

Durante a Segunda Guerra Mundial, os alemáns estableceron na cidade unha escola de policía chamada a Academia Sipo-SD para adestrar a verdugos e torturadores. A escola e os seus arredores foron o lugar de numerosas atrocidades antes de ser finalmente pechada ao estar a chegar a guerra ao seu fin e marcharse os alemáns.

O comandante da escola foi orixinalmente o Hauptsturmfuhrer das SS Hans Krueger e o seu axudante e secretario político foi o Untersturmfuhrer das SS Wilhelm Karl Johannes Rosenbaum. A escola de instrución da Policía Nazi estivo orixinalmente situada en Zakopane, pero trasladouse a Rabka en xullo de 1940 xunto co persoal permanente e os traballadores xudeus.

Estímase que máis de trinta redadas contra os xudeus foron levadas a cabo nos barrios próximos á escola. Os xudeus detidos foron executados dentro da escola e no bosque detrás desta, sendo peor o trato con aqueles xudeus máis piadosos. Para ocultar os numerosos asasinatos na escola, Rosenbaum mandou ao clérigo de Rabka, Cheslav Triboski, que rexistrase as súas mortes como "vítimas de ataque cardíaco".

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. Michał Rapta , Wojciech Tupta , Grzegorz Moskal. Mroczne Sekrety willi "Tereska": 1939-1945. Grafikon, 2008 (in Polish). ISBN 8360817146.
  2. Grzegorz Rossoliński-Liebe. Debating, obfuscating and disciplining the Holocaust: post-Soviet historical discourses on the OUN–UPA and other nationalist movements. East European Jewish Affairs. Vol. 42, Iss. 3, 2012
  3. Robin Ou'Neil. The Rabka Four - A Warning from History. Spiderwize, Office 404; Albany House 324/326 Regent Street, London, W1B 3HH, UK. 2011.
  4. "The SD Schools at Bad Rabka & Zakopane". www.holocaustresearchproject.org. Retrieved 2022-05-02.
  5. "The SD Schools at Bad Rabka & Zakopane". www.holocaustresearchproject.org. Retrieved 2022-05-02..

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]