Río Ogooué

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Río Ogooué
Bassin versant de l'Ogooué-fr.svg
O río Ogooué.
PaísGabón
NacementoKengue, República do Congo
Lonxitude1 200 km
Conca223 856 km2
Caudal medio290 m3/s
DesembocaduraOcéano Atlántico
Mapa

O río Ogooué é un longo río do oeste de África central que desemboca no océano Atlántico, o río máis importante de Gabón. A súa conca hidrográfica drena case a totalidade de Gabón, con algúns afluentes que chegan á República do Congo, Camerún, e Guinea Ecuatorial. O 90% da conca entra nos límites do país e cobre as dúas terceiras partes do país.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Cunha lonxitude duns 1.200 km (900 km segundo outras fontes), o Ogooué é relativamente curto en relación ós grandes ríos africanos e boa parte da súa conca está cuberta por selvas con escasa poboación humana, dado o seu clima tropical húmido, moi pouco saudable para o ser humano.

Nace na república do Congo, nos montes Ntalé, a unha altitude de 840 metros. É navegable un longo tramo do seu curso e nas súas ribeiras hai escasas poboacións, sendo as máis destacadas, Luanda, Lambaréné, Ndjole, Booué, Kankan, Ndoro, Lastoursville, Moanda e Franceville. O Ogooué, despois de seguir un curso de leste a oeste, desauga no océano Atlántico a través dun delta pantanoso, duns 100 km de ancho e 100 km de longo, ó sur de Port-Gentil. Fronte á súa desembocadura, a uns 450 km, atópase a illa volcánica de Annobón.

Albert Schweitzer, o médico, filósofo e teólogo franco-alemán, Premio Nobel da Paz en 1952, tomou o seu val como centro de operacións.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]