Celacántidos
- Artigo principal: Actinistios.
Celacántidos Coelacanthidae Rango fósil: Permiano - Xurásico | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Coelacanthus whitea | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||
|
A dos celacántidos (Coelacanthidae) é unha familia de peixes osteíctios sarcopterixios da extinta orde dos celacantiformes (Coelacanthiformes), que apareceron durante o período permiano e se extinguiron no Xurásico.
A miúido pénsase que o moderno xénero Latimeria pertencre a esta familia, cando, de feito, é o xénero tipo da familia máis avanzada dos latimeríidos, que apareceron durante o triásico.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A familia foi descrita en 1843 polo zoólogo e xeólogo estadounidense de orixe suíza Louis Agassiz en Recherches Sur Les Poissons Fossiles.[1][2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome da familia formouse, como é habitual, sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Coelacanthus, á que se lle engadiu a desinencia do latín científico -idae, propia dos nomes de familias de animais.
En canto a Coelacanthus (que significa "de espiñas ocas") está formado polo elemento do latín científico coelo-, tirado do grego antigo κοῖλος koîlos, "oco", e do termo grego ἄκανθα ákantha,"espiña", coa desinencia -us, indicando substantivo masculino.[3]
Xéneros
[editar | editar a fonte]Familia Coelacanthidae † Agassiz, 1843
- Xénero Axelia † Stensio, 1921
- Xénero Coelacanthus † Agassiz, 1836
- Xénero Indocoelacanthus † Jain, 1974
- Xénero Ticinepomis † Rieppel, 1980
- Xénero Wimania † Stensio, 1921
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Louis Agassiz (1833-1843): Recherches sur les poissons fossiles. En Biodiversity Heritage Library.
- ↑ Louis Agassiz (1833-1843): Recherches Sur Les Poissons Fossiles. En BnF Gallica.
- ↑ Coelacanthus en myEtymology.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Celacántidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Celacántidos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm.. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 978-0-940228-47-5.
- Forey, Peter (1997): History of the Coelacanth Fishes Londres: Chapman & Hall. ISBN 978-0-4127-8480-4.
- Forey, Peter (2009): Coelacanth: portrait of a living fossil. Cardigan, Ceridion, Wales, UK: Forrest Text. ISBN 978-0-9550-7409-7.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York, NY, USA: John Wiley & Sons. ISBN 978-0-471-25031-7.