Río Ave
Ave | |
---|---|
Vista do río Ave en Vila do Conde | |
País | Portugal |
Rexión | Rexión Norte, Portugal |
Nacemento | Serra da Cabreira |
Altitude | Nacemento: 1200 m |
Lonxitude | 94 km |
O Ave é un río en Portugal, que nace na Serra da Cabreira, municipio de Vieira do Minho, a uns 1200 m de altitude. Percorre uns 91 km e desemboca no Océano Atlántico, ao sur de Vila do Conde. A súa conca hidrográfica ten unha superficie aproximada de 1390 km², abranguendo 15 concellos. O río baña sucesivamente os municipios de Vieira do Minho, Póvoa de Lanhoso, Guimarães, Vila Nova de Famalicão, Santo Tirso, Trofa e Vila do Conde.
Os seus afluentes máis importantes son o río Este (marxe dereita) e o río Vizela (marxe esquerda), con especial incidencia nos ríos Pele e Pelhe.
Toponimia
[editar | editar a fonte]Ave - Río __ a tres leguas do Porto, métese no mar en Vila do Conde. Chamábase Avis, e Avon segundo Plinio.[1]
O hidrónimo Ave provén do celta antigo " Abonaou, Avona " co significado de "auga, río".[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Barros, João de. "Libro das antiguidades e cousas notaueis de antre Douro e Minho, e de outras muitas de España e Portugal". purl.pt.
- ↑ Martins Esteves, Higino (2018). "As tribos calaicas" (PDF). Proto-história da Galiza á luz dados linguisticos. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 01 de xuño de 2024.