Queimacasas
Queimacasas | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Pachygrapsus marmoratus' (Fabricius, 1787) [1] | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
O queimacasas[2] (Pachygrapsus marmoratus) é unha especie de cangrexo que vive no Mar Negro, no mar Mediterráneo e nalgunhas partes do océano Atlántico. É de cor violeta escuro, con vetas de amarelas, e ten un corpo de ata 36 milímetros de longo. É un animal omnívoro que se alimenta de algas e mexillóns. Tamén recibe o nome de cangrexo de Santo Antón.[3]
Descrición
[editar | editar a fonte]O cangrexo corredor posúe a estrutura corporal típica dun cangrexo. O seu exoesqueleto é trapezoidal e de entre 22–36 milímetros. Os ollos sobresaen lixeiramente do corpo. As pinzas son desiguais e máis grandes nos machos que nas femias. Os catro pares de patas están provistas de pelos e están adaptadas a correr e encarriscar, pero non a nadar. A parte inferior do corpo ten unha cor pálida.
Hábitat e comportamento
[editar | editar a fonte]Este cangrexo habita na zona rompente de cantís e costas rochosas. Non adoita habitar a máis de 2 metros de profundidade, e vive entre as fendas das rocas. A época de reprodución varía segundo o lugar onde habita. En Galicia reprodúcense en maio, pero no Mar Negro fano en xullo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Peter K. L. Ng, Danièle Guinot & Peter J. F. Davie (2008). "Systema Brachyurorum: Part I. An annotated checklist of extant Brachyuran crabs of the world" (PDF). Raffles Bulletin of Zoology 17: 1–286. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de xuño de 2011. Consultado o 03 de xullo de 2013.
- ↑ "RAG". Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2013. Consultado o 3 de xullo de 2013.
- ↑ recollido coma canghrêxo de San Antón en Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces ,M. do Carme Ríos Panisse, 1977, Universidade de Santiago, Verba anexo 7