Qal'eh-ye Now

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 34°59′N 63°07′L / 34.99, 63.12

Qal'eh-ye Now
قلعه نو
Unha das rúas principais de Qal'eh-ye Now
Localización
Qal'eh-ye Now en Afganistán
Qal'eh-ye Now
Qal'eh-ye Now
País Afganistán
DistritoQal'eh-ye Now
ProvinciaBādgīs (بادغیس persa/paxto)
Xeografía
Altitude905[1] msnm
Superficie1.285 km²
Demografía
Poboación9.920 hab (2012)[2]
Densidadehab./km²
Xentilicio?
Outros datos
Código postal?
Alcalde?
non ten

Qal'eh-ye Now (en paxto قلعه نو) é unha localidade afgá, capital da provincia de Bādgīs.

Descrición[editar | editar a fonte]

Panorámicas.

A cidade foi vítima de ataques talibáns, ten aeroporto[1] e é coñecida polos seus bosques de pistachos (Pistachia vera).

A composición étnica é aproximadamente dun 80% de taxicos, cun pequeno número de paxtos, baluchis, uzbekos e turkmenos.

Clima[editar | editar a fonte]

Táboa climática de Qal'eh-ye Now [3]
  xan feb mar abr mai xuñ xul ago set out nov dec anual
Temperatura media máxima (°C) 10 11 15 23 29 35 37 35 30 24 18 12 23,25
Temperatura media mínima (°C) 0 1 5 10 13 17 20 18 12 7 4 1 9
Precipitacións medias mensuais (cm) 3,2 2,96 4,69 2,4 1,07 0,03 0 0 0,04 0,46 0,97 2,97 1,32

Galegos en Qal'eh-ye Now[editar | editar a fonte]

Dende 2005 ata 2013 foi numerosa a presenza de militares galegos na localidade, como integrantes da BRILAT, formando parte do equipo de reconstrución provincial da International Security Assistance Force.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Great Circle Mapper. "LQN - Airport" (en inglés). Consultado o 12/11/2012. 
  2. Calculada, segundo "Population-Statistics.com". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2013. Consultado o 11 de novembro de 2012. .
  3. MSN Weather. "Qal‘eh-ye Now, AFG" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15/09/2019. Consultado o 14/04/2009. 
  4. Setenta hectáreas de colinas en Qala-i-Naw por 44 millones, ABC (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Clammer, Paul; Afghanistan, Lonely Planet, 2007.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]