Saltar ao contido

Pereira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pyrus communis»)
Pereira común

Froito da pereira
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Rosales
Familia: Rosaceae
Subfamilia: Maloideae
Xénero: Pyrus
Especie: P. communis
Nome binomial
Pyrus communis
L.

A pereira ou pereira común (Pyrus communis, L.) é unha árbore da familia das rosáceas. O seu froito é a pera.

Características

[editar | editar a fonte]

O seu talo é algo curvado e reclinado. As ramas son bastante curtas e moi ramificadas. Pode acadar entre 5 e 20 metros de altura.

A cortiza é escura, dividida e escamada en finas estrías e tiras verticais ou transversais. As follas son bastante delgadas, elípticas ou redondeadas, de 3–7 cm de lonxitude. As flores ábrense coa saída das follas. Chegan a medir 4 centímetros de lonxitude. O seu froito é a pera, duns 10 centímetros de lonxitude e case de igual grosor, en forma de floreiro.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]
Froito da pereira

As pereiras son orixinarias de rexións temperadas do vello mundo. Localízase en soutos ou bosques caducifolios luminosos e cálidos.

Nome común

[editar | editar a fonte]

Preira, pireiro, pireira, pereiro, pereira, peral, espiñeiro, espieiro e escambroeiro.[1]

  1. "Pereira (Pyrus communis L.)". Instituto da Lingua Galega. Consultado o 29 de outubro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]