Pudin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pudin de Nadal.

Un pudin[1] é unha sobremesa doce, de orixe inglesa e consistencia cremosa, elaborada xeralmente con leite, pan esfaragullado, ovos, azucre e froitas ou froitos secos, que se cociña nun molde ao forno ou ao baño maría[2]. Hoxe en día existente en moitas gastronomías, salientado na cociña inglesa e estadounidense, pode tamén estar composto de diferentes ingredientes dependendo da rexión: migallas de pan, biscoito, arroz, sémola etc. aglutinado con ovo e adubado ás veces con crema de ovo ou froitas diversas.

Hoxe en día é común como sobremesa en Galicia.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A palabra galega pudin procede da inglesa pudding (pronunciada [pudiŋ]), e esta probabelmente da francesa boudin (pronunciada [budε ̃]), que pola súa parte deriva da latina botellus co significado de ¨embutido¨ facendo referencia á forma de envoltorio que teñen os pudins.

Características[editar | editar a fonte]

Existen diferentes variantes do pudin; no seu sentido máis xeral acostuma ser doce (masa, leite, ovo, froitas etc) mais existen variantes salgadas semellantes ás salchichas ou embutidos, incluso de peixe.

Cando se serve como sobremesa adóitase acompañar de nata ou caramelo.

Tipos[editar | editar a fonte]

A meirande parte dos pudins pertencen ás cociñas de orixe anglosaxoa.

Baseados en sobremesas[editar | editar a fonte]

Baseados en embutidos[editar | editar a fonte]

Outros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome en galego segundo o dicionario da Real Academia Galega a través do Portal das Palabras.
  2. Definición en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega.
  3. [1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]