O Imperativo é un modo gramatical do verbo. Con el procúrase determinada reacción no receptor ou receptores. Enúnciase no tempo presente, mais refírese a unha acción que se ha desenvolver no futuro. Ao implicar ao receptor, o paradigma deste modo simplifícase sensibelmente, nas persoas de 2ª do singular e plural e no tratamento de cortesía empréganse as formas de Presente de subxuntivo: Fagan o favor de seguir as indicacións