Saltar ao contido

Ptilocercus lowii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ptilocercus lowii
 Nome taxon
    Ptilocercus lowii
 Nome curto
    P. lowii (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Sinónimo taxonómico
Características
 Ciclo diurno
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeScandentia
FamiliaPtilocercidae
XéneroPtilocercus
EspeciePtilocercus lowii Editar o valor en Wikidata
Gray, 1848 Ptilocercus lowii Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Período de xestación
   valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Datas
 Período
Localización
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/02wb2kf Editar o valor en Wikidata
ITIS573232 Editar o valor en Wikidata
UICN41491 Editar o valor en Wikidata
CoL4Q7X6 Editar o valor en Wikidata
EOL289799 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Ptilocercus lowii, coñecido vulgarmente na bibliografía internacional co nome de tupaia ou musaraña arborícola de cola plumosa, é unha especie de mamífero placentario da orde dos escandentios, a única da familia dos ptilocércidos, e do seu único xénero, Ptilocercus,[1]

É orixinaria do sur de Tailandia, a península Malaia, Borneo e algunhas outras illas de Indonesia.[2]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descricións

[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita en 1913 polo zoólogo e biólogo estadounidense Marcus Ward Lyon, en Proc. U. S. Natl. Mus., 45: 4,[1] separando ao xénero Ptilocercus da dos tupaíidos, onde estivera adscrito até aquela.

O xénero, e a especie, foran descritos en 1848 polo naturalista inglés John Edward Gray en Proc. Zool. Soc. Lond., 1848: 23.[3][4]

Sinonimia

[editar | editar a fonte]

Ao longo do tempo o xénero Ptilocercus tamén foi coñecido polo sinónimo Ptilocerus Brehm, 1864.[3]

Etimoloxías

[editar | editar a fonte]

O nome da familia fórmase, como é habitual, sobre a raíz do seu xénero tipo (e único), Ptilocercus, coa adición da desinencia do latín científico -idae, propipo das familias de animais.

En canto o nome do xénero está formado pola raíz do latín científico ptil-, tirada do grego antigo πτίλον ptílon, 'pluma', e o grego κέρκος kérkos, 'cola'. Literalmente: 'o de cola de pluma'.[5]

E o específico, lowii, foi unha homenaxe que Gray lle fixo ao naturalista, administrador colonial e explorador inglés Hugh Low.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

A familia comprende un único xénero, cunha única especie, na que se recoñecen dúas subespecies:[3]

Familia Ptilocercidae Lyon, 1913

  • Xénero Ptilocercus (Gray, 1848)
    • Ptilocercus lowii (Gray, 1848)
      • Ptilocercus lowi lowii (Gray, 1848)
      • Ptilocercus lowi continentis (Thomas, 1910)

Filoxenia

[editar | editar a fonte]

A dos ptilocércidos é unha familia dentro da orde dos escandentios. Numerosas diferenzas morfolóxicas e xenéticas apoian a clasificación dos ptilocércidos como unha familia separada do resto das musarañas arborícolas, das que diverxeron hai ao redor de 63 millóns de anos.[2]

Os membros desta orde consideráronse, en primeira instancia, como insectívoros,[6] e máis tarde foron incluídos na orde dos primates, sobre a base de certas similitudes anatómicas con estes como, por exemplo, a estrutura do cerebro,[6] e clasificados como prosimios primitivos.[1]

Porén, recentes estudos filoxenéticos moleculares puxeron de manifesto que os tupaias deben de ter a mesma categoría taxonómica (orde) que os primates, dentro do clado dos Euarchonta, que inclúe tamén aos dermópteros. De acordo con estes estudos, Euarchonta é o grupo irmán dos Glires (Lagomorpha + Rodentia), e Euarchonta + Glires forman o clado de rango superior Euarchontoglires.[7]

Porén, propuxéronse outras relacións entre ditas ordes.[8]

Inxestión de alcohol

[editar | editar a fonte]

Este animal presenta a característica de que se alimenta do néctar dunha palmeira (Eugeissona tristis), que contén até un 3,8 % de alcohol, do que consome cada noite o equivalente de 9 copas de viño para un ser humano, sen mostrar ningún signo de ebriedade.[9][10]

As medicións feitas cun biomarcador da descomposición do etanol suxiren que pode metabolizalo por unha vía que non se utiliza tan frecuentemente nos seres humanos. A súa capacidade de inxerir grandes cantidades de alcohol presúmese que pode ser unha adaptación evolutiva na súa árbore filoxenética. Porén non está claro como se beneficia o animal desta inxestión de alcohol, ou que consecuencias pode ter a alta taxa de alcohol no sangue na súa fisioloxía.[11]

  1. 1 2 3 Ptilocercidae no MSW
  2. 1 2 Han, K. H. & Stuebing, R. (2008): Ptilocercus lowii na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 6´02-2016
  3. 1 2 3 Ptilocercus en MSW.
  4. ↑ Gray, John E., Proceedings of the Zoological Society of London, 1848. p. 23.
  5. ↑ Ptilocercus Arquivado 24 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Animalia. Etymology of animal names.
  6. 1 2 "Insectívoros" en Kowalski, Kazimierz (1981), pp. 270-284.
  7. ↑ Janecka, Jan E.; Miller, Webb; Pringle, Thomas H.; Wiens, Frank; Zitzmann, Annette; Helgen, Kristofer M.; Springer, Mark S.; Murphy, William J. (2 de novembro de 2007). "Molecular and Genomic Data Identify The Closest Living Relatives of Primates" (PDF). Science 318: 792–4.
  8. ↑ Pettigrew, J. D.; Jamieson, B. G.; Robson, S. K.; Hall, L. S,; McAnally, K. I. & Cooper, H. M. (1989): "Phylogenetic relations between microbats, megabats and primates (Mammalia: Chiroptera and Primates)". Philosophical Transactions of the Royal Society of London, Series B, Biological Sciences, 325 (1229): 489-559.
  9. ↑ Marc Mennessier "La musaraigne qui tient très bien l'alcool" (A musaraña que soporta moi ben o alcohol), no diario Le Figaro, Francia, 30-07-2008.
  10. ↑ "Mamíferos de Malasia se alimentan con un néctar alcohólico equivalente a la cerveza" El Mundo, España, 29-07-2008.
  11. ↑ Wiens, F.; Zitzmann, A., Lachance, M.-A., Yegles, M., Pragst, F., Wurst, F. M., von Holst, D., Guan, S. L., Spanagel, R. (2008): "Chronic intake of fermented floral nectar by wild tree-shrews". Proceedings of the National Academy of Sciences 105 (30): 10426–10431. Resumo Arquivado 24 de outubro de 2013 en Wayback Machine..

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
  • Kriegs, J. O. et al. (2007): "Evolutionary history of 7SL RNA-derived SINEs in Supraprimates". Trends Genet. 23 (4): 158–161.
  • Madsen, O.; Scally, M.; Douady C. J. et al. (2001): "Parallel adaptive radiations in two major clades of placental mammals". Nature 409 (6820): 610–614.
  • Murphy, W. J. et al. (2001): "Molecular phylogenetics and the origins of placental mammals". Nature 409 (6820): 614–618.
  • Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas, USA: Saunders College Publishing.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
  • Yates, T. L. (1984): "Insectivores, elephant shrews, tree shrews, and dermopterans" en Anderson, S. & J. K. Jones, Jr., eds. Orders and Families of Recent Mammals of the World. Nova York: John Wiley and Sons, pp. 117–144.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]