Prosimios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Prosimios
Prosimia vel Prosimii
Lémure de cola anelada (Lemur catta)
Lémure de cola anelada (Lemur catta)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Primates
Suborde: Prosimia

Boddaert, 1785
Prosimii
Illiger, 1811

O dos prosimios (Prosimii vel Prosimia) inclúe epecies de primates anteriormente considerados como máis primitivos que os simiiformes.[1] Porén, este termo considérase anticuado (obsoleto, na terminoloxía taxonómica), xa que está considerado como parafilético. De feito, descubriuse que os tarseiros (familia Tarsiidae), que estaban incluídos entre os prosimios, están máis próximos aos simiiformes que aos lemuriformes.

Neste grupo, considerado moitas veces unha suborde de primates caracterizados polos seus prominentes fociños e longas colas e, nalgunhas especies, por unha tendencia á disposición lateral dos ollos, incluíanse antigamente os lemuriformes, quiromiiformes, lorisiformes e tarsiiformes; estas catro infraordes non presentan ningunha característica apomórfica que xustifique a súa reunión baixo un mesmo taxon, de modo que os prosimios son considerados hoxe un grupo polifilético.

Os prosimios son un grupo parafilético e non un clado (un grupo formado por un antepasado e todos os seus descendentes), posto que os tarseiros comparten un antepasado común máis recente cos simios que cos estrepsirrinos. En consecuencia, o termo "prosimio" non se utiliza a día de hoxe nun sentido taxonómico, pero aínda se emprega para ilustrar a ecoloxía condutual dos tarseiros en relación cos outros primates.

Contexto[editar | editar a fonte]

Antes da clasificación proposta por Carl von Linné, todas as especies coñecidas de monos e lémures agrupábanse baixo o termo de cuadrúmanos (Quadrumana).

Linné introduciu o concepto de primate e de catro xéneros, Lemur, Simia, Vespertilio e Homo, que incluían respectivamente, todas as especies coñecidas de lémures, monos e morcegos, así como aos humanos. Unha clasificación máis específica dentro dos grupos de Lemur, Simia e Homo era necesaria.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O termo prosimios deriva dunha construción do latín pro-, que significa 'o primeiro', e Simia, taxon anticuado que designaba aos monos. O termo Prosimia, foi proposto en 1785 polo médico e naturalista holandés Pieter Boddaert, e foi considerado niun prinipio sinónimo do Lemur de Linné de 1758.

Este último organizou o Quadrumana en tres grupos, os monos (Simia, Cercophithecus, Papio, Cebus e Caltithrix), os maquís (Prosimia) e os loris (Tardigradus).[2]

Máis tarde, en 1811, o zoólogo alemán Johann Karl Wilhelm Illiger cuñou o termo Prosimii para este grupo.

Problemática[editar | editar a fonte]

Este termo tamén é propicio para producir un erro; de feito, unha hipótese antiga de Ernst Haeckel afirma que os primates deste grupo deberían parecerse máis aos fósiles do antepasado común a todos os primates. Agora ben, unha idea falsa da teoría da evolución presenta a evolución humana como unha evolución dos primates impulsada cada vez máis para chegar ao ser humano, o ser máis importante da creación. Segundo esta idea, a primeira especie derivaría dos prosimios, a especie ancestral da que deriva o pro. As teorías actuais non presentan as cousas desta maneira. As especies que se agrupan dentro dos prosimios son todas tamén evolucionadas e non máis primitivas que as outras especies de primates ou mesmo doutros animais. Pola contra, os prosimios acumularon menos diferenzas observábeis co antepasado común dos primates, como os seres humanos ou os macacos, por exemplo.

Filoxenia[editar | editar a fonte]

Árbore filoxenética dos primates:[3]

 Primates 
 Haplorhini 
 Simiiformes 
 Catarrhini 

Monos & humanos

Monos do Vello Mundo

 Platyrrhini 

Monos do Novo Mundo

 Tarsiiformes 

Tarseiros

 Omomyiformes 

Omomyiformes

 Strepsirrhini 
 Adapiformes 

Adapiformes

 Lemuriformes 

Lémures

Lorisoides

Os simiiformes (catarrinos e platirrinos) son os simios, e todos os demais grupos, prosimios.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. prosimio en Galnet. Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG, Universidade de Vigo.
  2. Nouveau dictionnaire d'histoire naturelle de Jacques Eustache de Sève.
  3. Rose, K. D. (2006). The Beginning of the Age of Mammals. Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8472-6. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cartmill, M. (2002): "Chapter 2: Primate Classification and Diversity", en: Platt, M. & Ghazanfar, A., eds. Primate Neuroethology. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-532659-8, pp. 10–30.
  • Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9, pp. 317–321.
  • Hartwig, W. (2011): "Chapter 3: Primate evolution", en: Campbell, C. J.; Fuentes , A.; MacKinnon, K. C.; Bearder, S. K. & Stumpf, R. M., eds. Primates in Perspective, 2nd edition. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-539043-8, pp. 19–31.
  • McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. New York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
  • Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
  • Rose, K. D. (2006): The Beginning of the Age of Mammals. The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8472-6.
  • Szalay, F. S. & Delson, E. (1980): Evolutionary History of the Primates. Academic Press. ISBN 978-0-12-680150-7.
  • VV. AA. (1968): Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 277–292.

Outros artigos[editar | editar a fonte]