Pteridinium
Pteridinium Rango fósil: Ediacárico, 558 Ma-543 Ma[1] | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Fósil de Pteridinium simplex no Museo de Senckenberg, Frankfurt. | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Especies | |||||||||||
| |||||||||||
Sinonimia | |||||||||||
|
Pteridinium é un organismo erniettomorfo atopado en varios depósitos do Precámbrico de todo do mundo. Forma parte da biota de Ediacara.
Plan corporal
[editar | editar a fonte]Ten un corpo con tres lobos, pero como xeralmente é plano, só son viibles dous lobos. Cada lobo consta de varias costelas paralelas que se estenden cara a atrás ata o eixe principal, onde se xuntan os tres lobos. Mesmo nos espécimes ben conservados, non hai signos de boca, ano, patas, antenas ou nungún outro apéndice ou órgano. O organismo crecía principalmente pola adición de novas unidades, probablemente en ambos os extremos, e a inflación das unidades xa existentes contribuía pouco ao seu crecemento.[2]
Ecoloxía
[editar | editar a fonte]Os espécimes atopados en posicións que se pensa adoptaban en vida indican que esta criatura descansaba sobre ou dentro do sedimento en mares pouco profundos. Non hai marcas de rastros consistentes con movementos de Pteridinium. Non está claro se realizaba a fotosíntese, ou extraía nutrientes osmoticamente da auga do mar, pero adoita clasificarse no reino animal.[2]
Distibución
[editar | editar a fonte]Os seus fósiles son comúns en depósitos do Precámbrico tardío de Australia do Sur, sur de África, Namibia, e a rexión rusa do mar Branco. Tamén se atopou en Carolina do Norte, California e os Territorios do Noroeste do Canadá.
Historia
[editar | editar a fonte]O fósil Pteridium simplex foi descrito orixinalmente por Georg Gürich en 1930 publicado en Zeitschrift der Deutschen Geologischen Gesellschaft vol.82 p. 637. Porén, o nome Pteridium fora xa utilizado anteriormente en 1777 por Scopoli como nome xenérico dun fento, e por iso o nome deste fósil foi cambiado a "Pteridinium" en 1933.
Un estudante de bacharelato chamado John Brattain atopou dous espécimes de Pteridinium en Carolina do Norte en 1963. Despois do seu descubrimento, foron mal identificados por Joseph St. Jean do Departamento de Xeoloxía da Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill como trilobites cámbricos, e foron clasificados como "Paradoxides carolinaensis", ata que se descubriu que eran unha especie de Pteridinium.[3]
Pensouse inicialmente que Pteridinium podería ser un cnidario primitivo, pero parece que está, no mellor dos casos, só moi distantemente relacionado con calquera dos cnidarios coñecidos. A súa relación con outros membros coñecidos da biota de Ediacara non etá clara. Non se identificaron outras formas relacionadas con el, aínda que ten certa vaga semellanza con outras formas do Ediacárico como Dickinsonia e Spriggina, que comparten algunhas das súas mesmas enigmáticas características, como a simetría deslizante ou "en banzos" das súas unidades, ou simetría trirradial que só se atopou ademais en trilobozoos como Tribrachidium. Pteridinium non desixou descendentes coñecidos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Chen, Zhe; Zhou, Chuanming; Xiao, Shuhai; Wang, Wei; Guan, Chengguo; Hua, Hong; Yuan, Xunlai (2014). "New Ediacara fossils preserved in marine limestone and their ecological implications". Scientific Reports 4: 4180. Bibcode:2014NatSR...4E4180C. PMC 3933909. PMID 24566959. doi:10.1038/srep04180.
- ↑ 2,0 2,1 Laflamme, M.; Xiao, S.; Kowalewski, M. (2009). "Osmotrophy in modular Ediacara organisms". Proceedings of the National Academy of Sciences 106 (34): 14438–14443. Bibcode:2009PNAS..10614438L. PMC 2732876. PMID 19706530. doi:10.1073/pnas.0904836106.
- ↑ St Jean, Joseph (1973). "A new Cambrian trilobite from the Piedmont of North Carolina" (PDF). American Journal of Science. 273-A: 196–216. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de novembro de 2023. Consultado o 22 de novembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Meyer, Mike; Elliott, David; Wood, Andrew D.; Polys, Nicholas F.; Colbert, Matthew; Maisano, Jessica A.; Vickers-Rich, Patricia; Hall, Michael; Hoffman, Karl H.; Schneider, Gabi; Xiao, Shuhai (1 de agostode 2014). "Three-dimensional microCT analysis of the Ediacara fossil Pteridinium simplex sheds new light on its ecology and phylogenetic affinity". Precambrian Research 249: 79–87. Bibcode:2014PreR..249...79M. doi:10.1016/j.precamres.2014.04.013.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Vendian Animals: Pteridinium, no Museo de Palontoloxía da Universidade de California
- Fotografía