Papagaio
Papagaio | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Guacamaio azul e amarelo e Ara chloropterus. | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Subfamilias | |||||||||||||
Un papagaio[1] é calquera das aves pertencentes á familia Psittacidae (psitácidos[2]). Teñen un peteiro curvo e unha mandíbula superior que ten unha mobilidade leve e que se xunta co cranio; tamén presenta unha postura xeralmente erguida.
Xunto coa familia da cacatúa (Cacatuidae), a familia do papagaio pertence á orde dos Psittaciformes.
As aves da familia do papagaio poden ser encontradas na maioría dos lugares que posúen clima cálido, incluíndo a India, Sueste de Asia e África occidental, e unha especie, agora extinta, nos Estados Unidos (a Carolina Parakeet). Non obstante, as poboacións máis grandes da especie do papagaio son orixinarias de Australasia, de América do Sur e de América Central.
Moitas especies poden imitar a conversación humana e outros sons. A investigadora Irene Pepperberg publicou traballos sobre a capacidade de aprendizaxe dun papagaio gris africano chamado Alex, que foi adestrado para utilizar palabras co obxectivo de identificar obxectos, describilos, contalos, e incluso contestar a preguntas complexas, por exemplo, "cantos cadrados vermellos hai?" (cunha exactitude do 80%). Porén, algúns eruditos sosteñen que os papagaios están simplemente repetindo palabras sen idea do significado.
Os papagaios domésticos
[editar | editar a fonte]Os papagaios cómpranse normalmente como animais domésticos en moitos países. As ás destas aves córtanse a miúdo e algúns donos permiten que os paxaros paseen en liberdade polos seus fogares ou veciñanzas.
Os papagaios requiren unhas atencións mínimas: comida, auga, espazo, limpeza e, por suposto, moito cariño e atención. Unha faceta importante da domesticación dos papagaios son os chíos, cos que responden a case calquera son agudo: ambulancias, claxon de coches, choros de nenos, e, incluso, á televisión. Non obstante, non todos os papagaios son iguais: hainos máis tranquilos, menos ruidosos, máis cariñosos etc. Isto dálle a oportunidade ao dono para elixir o tipo de papagaio que máis se adapte aos seus gustos.
Aos papagaios domésticos hai que proporcionarlles unha alimentación axeitada e variada, con sementes como o millo, froita etc. Poden chegar a vivir até cen anos.
Os donos de papagaios domésticos acostuman para entreter a súa mascota:
- Comprarlle xoguetes, como aros, arrandeadoiros etc.
- xogar con el: ensinarlle a cantar ou falar, cantar ou falar con el, rascarlle a cabeza (sempre que llo permita) etc.
- Deixarlle saír da gaiola, sempre que se afixera aos seus donos e ao seu contorno.
Algunhas especies
[editar | editar a fonte]- Xénero Amazona
- Amazona ventralis
- Amazona versicolor
- Amazona guildingii
- Amazona vinacea
- Amazona xanthops
- Amazona aestiva
- Amazona amazonica (papagaio de ás alaranxadas)[3]
- Amazona autumnalis (papagaio diadema)[4]
- Amazona leucocephala (papagaio cubano)[5]
- Amazona barbadensis (papagaio de ombros amarelos)[6]
- Amazona imperialis
- Amazona brasiliensis
- Amazona farinosa (papagaio muiñeiro)[7]
- Amazona rhodocorytha
- Cyanoliseus patagonus
- Eos bornea
- Psittacus erithacus
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Psittacus erithacus fotografado na Illa de Arousa
-
Papagaio macho, no Brasil
-
Papagaio femia, no Brasil
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para papagaio.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Psitácidos.
- ↑ "bUSCatermos". aplicacions.usc.es. Consultado o 2024-12-19.
- ↑ "bUSCatermos". aplicacions.usc.es. Consultado o 2024-12-19.
- ↑ "bUSCatermos". aplicacions.usc.es. Consultado o 2024-12-19.
- ↑ "bUSCatermos". aplicacions.usc.es. Consultado o 2024-12-19.
- ↑ "bUSCatermos". aplicacions.usc.es. Consultado o 2024-12-19.