Saltar ao contido

Ara chloropterus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ara chloropterus

No Parque de Apenheul, nos Países Baixos.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Psittaciformes
Superfamilia: Psittacoidea
Familia: Psittacidae
Subfamilia: Arinae
Tribo: Arini
Xénero: 'Ara'
Especie: A. chloropterus
Nome binomial
'Ara chloropterus'
(Gray, 1859)
Distribución da especie
Distribución da especie

Distribución da especie
Sinonimia[2]

Ara chloroptera

Ovo de Ara chloropterus.

O Ara chloropterus é un gran papagaio do xénero Ara.

É o meirande do xénero Ara, e o seu hábitat espállase polas selvas e zonas arboradas do norte e o centro de América do Sur. Porén, ó igual que outras especies de papagaios, nos últimos anos o seu número está a minguar por mor da destrución de hábitat e a captura ilegal para o comercio de aves exóticas.