Pseudopleuronectes americanus
Pseudopleuronectes americanus Solla vermella | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||
Pseudopleuronectes americanus (Walbaum, 1792) |
Pseudopleuronectes americcanus é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos,[1] unha das cinco que integran o xénero Pseudopleuronectes,[2] coñecida en galego como solla vermella.[3]
É un peixe mariño, demersal, oceanódromo, de certa importancia comercial, que habita en augas temperadas do Atlántico noroeste, desde as costas do Labrador (Canadá) até as de Xeorxia (Estados Unidos de América).[4] Pode alcanzar até os 64 cm de lonxitude, e até os 3,6 kg de peso,[5] e chegar a vivir 15 anos.[6]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1492 polo naturalista e taxónomo alemán Johann Julius Walbaum, baixo o nome de Pleuronectes americanus.[1]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, e polo orixinario que lle deu Walbaum, a especie coñécese tamén polos seguintes sinónimos:[1]
- Platessa pusilla DeKay, 1842
- Pleuronectes planus Mitchill, 1814
- Pseudopleuronectes dignabilis Kendall, 1912
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome do xénero no que actualmente se sitúa esta especie, Pseudopleuronectes, está construído coa forma prefixa do latín científico pseudo-, tirada da do grego antigo ψεῦδο- pseũdo-,[7] derivada de ψευδής, pseudḗs, "falso", e o nome do xénero Pleuronectes. Literalmente: "as falsas sollas", ou "os parecidos ás sollas".
En canto ao nome específico, americanus, fai referencia á súa área de dispersión.
Bioloxía
[editar | editar a fonte]É un peixe mariño, demersal, oceanódromo,[8] que vive en fondos brandos ou moderadamente pedregosos de entre 5 e 143 m de profundidade,[9] en augas temperadas do litoral do Atlántico norteamericano, entre os 31° N e os 55° N, desde a península do Labrador (Canadá) até as costas de Xeorxia (Estados Unidos de América).[4]
Aliméntase, predominantemente durante o día, de organismos bentónicos, como crustáceos (camaróns, cangrexos, anfípodos), ourizos de mar e caracois.[4]
Pesca
[editar | editar a fonte]Pseudopleuronectes americanus captúrase na zona de pesca 21 (Atlántico noroeste).[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Pseudopleuronectes americanus (Walbaum, 1792) no WoRMS.
- ↑ Pseudopleuronectes Bleeker, 1862 no WoRMS.
- ↑ 3,0 3,1 Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 82.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Pseudopleuronectes americanus (Walbaum, 1792) na FishBase.
- ↑ Robins, C. R. & G. C. Ray (1986): A field guide to Atlantic coast fishes of North America. Boston (USA): Houghton Mifflin Company.
- ↑ Lux, F. E. (1973): "Age and growth of the winter flounder, Pseudopleuronectes americanus, on Georges Bank". Fish. Bull. 71: 505-512.
- ↑ pseudo- no DRAE.
- ↑ Riede, K. (2004): Global register of migratory species - from global to regional scales. Final Report of the R&D-Projekt 808 05 081. Federal Agency for Nature Conservation, Bonn, Germany.
- ↑ Scott, W. B. & M. G. Scott (1988): "Atlantic fishes of Canada". Can. Bull. Fish. Aquat. Sci. 219: 731.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pseudopleuronectes americanus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, Missouri, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- Cooper, J. A. & F. Chapleau (1998): "Monophyly and intrarelationships of the family Pleuronectidae (Pleuronectiformes), with a revised classification". Fish. Bull. 96 (4): 686-726.
- Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Murdy, E. O.; R. S. Birdsong & J. A. Musick (1997): Fishes of Chesapeake Bay. Washington e Londres: Smithsonian Institution Press.