José Riestra López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Riestrista»)
José Riestra López
Nome completoJosé María Riestra y López
Nacemento8 de setembro de 1852
Lugar de nacementoPontevedra
Falecemento17 de xaneiro de 1923
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
FillosRaimundo Riestra Calderón, Vicente Riestra Calderón e Ignacio Riestra Calderón
editar datos en Wikidata ]

José María Riestra López, nado en Pontevedra o 8 de setembro de 1852 e finado na mesma cidade o 17 de xaneiro de 1923, foi un empresario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Francisco Antonio Riestra,[1] á súa morte en 1880 tomou o relevo dos seus negocios. Engrandeceu o patrimonio do pai converténdose no eixo da vida política e económica da cidade e tamén da provincia. A súa fortuna estaba baseada en propiedades territoriais, a fábrica de tellas e ladrillos da Caeira (Poio), a banca Riestra e as xestorías de cobros de foros, entre outros negocios. Foi propietario da illa da Toxa, onde construíu o balneario.

Membro da facción romanonista do Partido Liberal, foi elixido deputado a Cortes polo distrito da Estrada nas eleccións de 1879, 1881 e 1861 (permaneceu no cargo ata 1890), cedendo despois o distrito a Antonio Aguilar Correa. Posteriormente foi elixido senador por Pontevedra (1891-1899) e máis tarde (1900) nomeado senador vitalicio. En 1893 obtivo o título de Marqués de Riestra. En 1895 foi nomeado alcalde de Pontevedra.

Desde a seu pazo na Caeira controlou toda a política provincial. Mostra da influencia do Marqués de Riestra na vida política da provincia de Pontevedra desde finais do século XIX ata os anos 20 do século XX, é a frase “España ten 48 provincias, porque a outra é do Marqués de Riestra”, popular no Madrid oficial da época.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Busto do Marqués de Riestra na Illa da Toxa

Unha rúa de Pontevedra leva o seu nome e na illa da Toxa hai un busto en bronce que o recorda.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Mencia Pintos, coa que tivo un fillo, Fernando Riestra Pintos. Casou en segundas nupcias con María del Carmen Calderón Ozores (filla de Vicente Calderón Oreiro), coa que tivo sete fillos: Raimundo, Vicente, Francisco, Santiago, Mª Carmen, José Luis e Ignacio Riestra Calderón. Raimundo e Vicente continuaron a carreira política do pai.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Víctor Mendoza Muñoz
 
Alcalde de Pontevedra
 
1895 - 1896
Sucesor:
Bernardo López Suárez