Renfe Proximidades

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Proximidades Renfe")
Vista do interior dos novos trens Civia.
Trens de Proximidades estacionados en Blanes (Xirona).

Renfe Proximidades (en castelán: Renfe Cercanías, en catalán: Renfe Rodalies ou Rodalia, en éuscaro: Renfe Aldiriak) é unha división da compañía ferroviaria española Renfe Operadora, dedicada á xestión e explotación de redes de proximidades, que unen os diferentes núcleos dun área metropolitana mediante liñas de alta capacidade e frecuencia.

Redes[editar | editar a fonte]

Renfe Operadora xestiona e opera en exclusiva os núcleos de proximidades de Asturias, Cádiz, Madrid, Málaga, Santander, Sevilla e Zaragoza, e xunto a outras compañías ferroviarias xestiona e opera os núcleos de proximidade de Bilbao, Donostia, Murcia/Alacant e Valencia. Nos núcleos compartidos Renfe ten a súa propia rede exclusiva, á que se superpoñen as liñas doutros operadores, sen compartir vías ou liñas. Nalgúns deles existen billetes integrados que permiten o transbordo entre as diferentes redes.

Renfe Operadora tamén xestionaba e operaba o núcleo de proximidades Barcelona. O 1 de xaneiro de 2010 a xestión foi transferida á Generalitat de Cataluña, pero mantense a explotación das liñas. Igualmente, Renfe tamén explota os novos servizos de proximidade en Lleida, Tarragona e Xirona.

Núcleo Liñas
Cercanias.svg Asturias 9
Rodalies de Catalunya símbol.svg Barcelona 19
Cercanias.svg Bilbao 3
Cercanias.svg Cádiz 2
Rodalies de Catalunya símbol.svg Camp de Tarragona 2
Cercanias.svg Donostia 1
Rodalies de Catalunya símbol.svg Lleida 3
Cercanias.svg Madrid 9
Cercanias.svg Málaga 2
Cercanias.svg Murcia–Alacant 3
Cercanias.svg Santander 3
Cercanias.svg Sevilla 5
Cercanias.svg Valencia 6
Rodalies de Catalunya símbol.svg Xirona 1
Cercanias.svg Zaragoza 1

Normalmente o seu ámbito restrínxese á provincia, aínda que en ocasións exceden os límites da provincia. Cabe citar 5 casos onde non se cumpre esta premisa:

Nalgunhas cidades existen liñas integramente urbanas, como as liñas C-2 e C-4 de proximidades Sevilla ou a C-1 de proximidades Madrid.

Material móbil[editar | editar a fonte]

Nos servizos de Proximidades Renfe empréganse as seguintes series:

Serie Núcleo(s) onde circula Imaxe
440R Asturias
Santander
442 Madrid Cercanias-madrid-c9-line-train-cotos.jpg
446 Bilbao
Madrid
Málaga
Donostia
Santander
RN446-033.JPG
447 Barcelona
Madrid
Murcia/Alacant
Valencia
Ut 447 UM Silla.jpg
450 Barcelona
Madrid
Ut 450 STVC.jpg
451 Barcelona
592 Murcia/Alacant
Sevilla
Valencia
59225M RibaTuria.jpg
Civia Asturias
Barcelona
Cádiz
Madrid
Málaga
Santander
Sevilla
Valencia
Zaragoza
RN463003El.JPG

En construción[editar | editar a fonte]

Tras a aprobación do Plan de Transporte de Viaxeiros 2008-2012 por parte da Generalitat de Catalunya, crearanse as redes seguintes[1]:

Proxectos[editar | editar a fonte]

  • Proximidades Valladolid: 2 liñas aproveitando a infraestrutura existente, rehabilitando parte da liña de ferrocarril Valladolid-Ariza.
  • A Coruña-Ferrol: está en proxecto un servizo de proximidades directo, sen paradas intermedias.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]