Proximidades Valencia
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/57/Ut_440R_Silla.jpg/220px-Ut_440R_Silla.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cb/Ut_447_UM_Silla.jpg/220px-Ut_447_UM_Silla.jpg)
Proximidades Valencia (en valenciano: Rodalia València, en castelán: Cercanías Valencia) é o servizo ferroviario explotado por Renfe Operadora sobre unha infraestrutura de Adif, que comunica a cidade de Valencia coas principais poboacións das provincias de Castelló e Valencia.
A rede conta con seis liñas en funcionamento, 252 km de vías férreas e 66 estacións. Algunhas ofrecen correspondencia con MetroValencia e co TRAM de Castelló. En 2014 a rede moveu máis de 17 millóns de viaxeiros.