Proximidades Barcelona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Viaduto de Proximidades en Cornellà de Llobregat.
Tren de Proximidades Renfe

Proximidades Barcelona (en catalán: Rodalia de Barcelona) é un servizo de transporte público de trens de proximidades na área metropolitana de Barcelona. Hai dúas compañías que ofrecen servizos de proximidades: Ferrocarrils de la Generalitat de Catalunya (FGC) e Rodalies de Catalunya operado por Renfe Operadora.

Renfe opera os servizos para as liñas de largo ibérico propiedade de Adif. Desde o 1 de xaneiro de 2010 a Generalitat de Catalunya xestiona o servizo de Proximidades Renfe en Cataluña.[1] Anteriormente ao traspaso do servizo, Renfe explotaba a rede baixo a denominación de Rodalies Barcelona ou Proximidades Barcelona Logotipo antigo e actualmente o nome comercial utilizado é Rodalies de Catalunya Logotipo actual.

Os billetes están integrados ao sistema tarifario, coordinado a través da Autoritat del Transport Metropolità[2] (ATM) e permite enlazar a outras liñas de proximidades FGC-Renfe e co metro, tranvía e autobuses.

Servizos[editar | editar a fonte]

Hai 17 servizos, 8 de Rodalies de Catalunya xestionados por Renfe e 9 por FGC. Todas as liñas de FGC parten de Plaça de Catalunya ou Plaça Espanya. As dúas redes enlazan na estación de Bellvitge/Gornal, en Martorell ou Martorell Central, en Plaça de Catalunya e en Sant Cugat del Vallès/Volpelleres; e nun futuro ás estacións de Terrassa-Estació del Nord e Sabadell-Plaça Espanya.

Redes de proximidades de Renfe e FGC
Línies de Rodalies
Nome << >> Operadora Primeiro servizo Servizo actual Estacións Lonxitude (km) Largo (mm)
R1 barcelona.svg Molins de Rei Maçanet-Massanes Renfe 1848 1980 31 90 1.668
R2 barcelona.svg Castelldefels Granollers Centre Renfe 1980 32 133 1.668
R2N barcelona.svg Aeroport Maçanet-Massanes Renfe 1.668
R2S barcelona.svg Sant Vicenç de Calders Estación de França Renfe 1.668
R3 barcelona.svg l'Hospitalet de Llobregat Vic / Puigcerdà / la Tor de Querol Renfe 1980 34 77 1.668
R4 barcelona.svg Sant Vicenç de Calders Manresa Renfe 1980 39 1.668
R5 barcelona.svg Pl. Espanya Manresa-Baixador FGC 1912 28 1.000
R6 barcelona.svg Pl. Espanya Igualada FGC 1912 29 1.000
R50 barcelona.svg Pl. Espanya Manresa-Baixador FGC 2013 20 1.000
R60 barcelona.svg Pl. Espanya Igualada FGC 2013 21 1.000
R7 barcelona.svg l'Hospitalet de Llobregat Martorell Renfe 2005 14 44 1.668
R8 barcelona.svg Martorell Granollers Centre Renfe 26 de xuño de 2011 8 38 1.668
S1 barcelona.svg Pl. Catalunya Terrassa-Rambla FGC 1863-1919 16 1.435
S2 barcelona.svg Pl. Catalunya Sabadell-Rambla FGC 1863-1922 17 1.435
S5 barcelona.svg Pl. Catalunya Rubí FGC 14 1.435
S55 barcelona.svg Pl. Catalunya Universitat Autònoma FGC 14 1.435
S33 barcelona.svg Pl. Espanya Can Ros FGC 1912 15 1.000
S4 barcelona.svg Pl. Espanya Olesa de Montserrat FGC 1912 24 1.000
S8 barcelona.svg Pl. Espanya Martorell-Enllaç FGC 1912 22 1.000

Material motor[editar | editar a fonte]

Renfe Operadora[editar | editar a fonte]

  • 463, 464 e 465: Material Civia, fabricados por CAF e Alstom, os máis modernos que circulan.
  • 447: prestan servizo en tódalas liñas que son explotadas por Renfe Operadora.
  • 440: Serie máis antiga do núcleo de Barcelona. Neste núcleo circulan tanto unidades 440 reformadas como sen reformar.
  • 450/451: Trens de dous pisos de 6 coches no caso dos 450 e de 3 no caso dos 451.

FGC[editar | editar a fonte]

  • 111 FGC
  • 112 FGC
  • 211 FGC
  • 213 FGC: foron construídas por CAF e a antiga Adtranz. Están preparadas para circular por vías de ancho métrico, teñen 108 prazas sentadas e alcanzan unha velocidade máxima de 90 km/h. Prestan servizo nas liñas R-5 e R-6.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]