Rodalies de Catalunya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logotipo de Rodalies de Catalunya.
O logotipo nun tren Civia.

Rodalies de Catalunya (antigamente Rodalies Barcelona) é unha marca comercial utilizada pola Generalitat de Cataluña e Renfe Operadora para servizos ferroviarios de proximidades (rodalies en catalán) traspasados polo Ministerio de Fomento de España á Generalitat a partir do 1 de xaneiro de 2010 e os servizos ferroviarios de rexionais traspasados o 1 de xaneiro de 2011.

Os servizos de proximidades son operados por Renfe Operadora e circulan pola rede ferroviaria de largo ibérico de Adif, a través das liñas da rexión metropolitana de Barcelona.

Actualmente a rede conta con seis liñas de rexionais non integradas na rede de transporte público e sete liñas de proximidades integradas no sistema tarifario de seis zonas creado pola Autoritat del Transport Metropolità (ATM Àrea de Barcelona) que inclúe tamén autobuses, tranvía e trens de proximidades do Ámbito metropolitano de Barcelona e comarcas limítrofes.

Historia[editar | editar a fonte]

Incidencias[editar | editar a fonte]

Durante o último trimestre de 2007 a rede de proximidades (rodalies) de Renfe Operadora, afectando tamén á de rexionais, sufriu unha serie de avarías e alteracións causadas ou empeoradas pola construción da liña de alta velocidade Madrid-Barcelona, que obrigaron a introducir a denominada "Devolución Xpress", que facilita a devolución de billetes aos viaxeiros que sufran atrasos de máis de quince minutos. Ademais, o Ministerio de Fomento prometeu aumentar os investimentos nas infraestruturas ferroviarias.

Principalmente os problemas incidiron na rede operada por Renfe Operadora e propiedade de Adif, pero de rebote tamén afectaron á liña Llobregat-Anoia de FGC. A rede de Renfe interrompeu durante 40 días algúns servizos, e os servizos de FGC durante dous meses.

Traspaso á Generalitat[editar | editar a fonte]

Civia co novo logotipo

Coa aprobación da Estatuto de Autonomía de Cataluña de 2006 iniciáronse as conversacións entre a Generalitat de Cataluña e o Goberno de España sobre os traspasos de diferentes servizos de ferrocarrís que eran competencia do Estado e que a Generalitat reclama en virtude do artigo 169 do Estatuto: "a Generalitat ten competencia exclusiva sobre os transportes terrestres de viaxeiros e mercancías por estrada, ferrocarril e cable que transcorran integramente dentro do territorio de Cataluña".[1][2] José Luis Rodríguez Zapatero, presidente do Goberno de España, comprometeuse a traspasar o servizo de proximidade de Renfe en xaneiro de 2008 e finalmente chegou dous anos máis tarde.[3]

O 29 de decembro de 2009 pechouse o traspaso do servizo de proximidade de Renfe a Cataluña nunha Comisión Mixta de Transferencias Administración do Estado-Generalitat. O acordo recoñece á Generalitat como a autoridade ferroviaria de proximidades a partir da 1 de xaneiro de 2010. En canto ao contrato con Renfe, a finais de 2010, a Generalitat poderá asinar un novo contrato con Renfe Operadora ou ben buscar outra operadora.

Os servizos que se traspasaron son todas as liñas de proximidades Barcelona e os servizos da liña de Puigcerdà entre Vic, Puigcerdà e La Tor de Querol.[4][5] En canto á infraestrutura o titular seguirá sendo Adif, é dicir o Estado. Co traspaso cambiouse a denominación Rodalies Barcelona pola de Rodalies de Catalunya.

Un ano máis tarde pechouse o acordo do traspaso dos rexionais, denominados por Renfe Media distancia, o 17 de novembro do 2010 nunha comisión mixta. Asumindo a xestión a 1 de xaneiro do 2011 e incorporándoos á marca Rodalies de Catalunya como servizos rexionais. Non se incluíron os servizos de rexionais de alta velocidade, Avant, nin os servizos entre comunidades autónomas como o de Valencia e Zaragoza.

Servizos de proximidade de Barcelona[editar | editar a fonte]

A rede de proximidades (rodalies) está composta por sete servizos xestionados por Renfe Operadora. Enlaza cos servizos de proximidades de Ferrocarrils de la Generalitat de Catalunya en varias estacións.

Rede de proximidades de Renfe e FGC
Servizos de proximidade
Nome << >> Primeiro servizo Servizo actual Estacións Lonxitude (km)
R1 Molins de Rei / L'Hospitalet de Llobregat Mataró / Calella / Blanes / Maçanet-Massanes 1848 1980 31 95'1
R2 Castelldefels Granollers Centre 1854 1980 34 130,7
R2 Nord Aeroport Sant Celoni / Maçanet-Massanes
R2 Sud Sant Vicenç de Calders / Vilanova i la Geltrú Barcelona-Estació de França
R3 L'Hospitalet de Llobregat La Garriga / Vic / Ripoll / Puigcerdà / La Tor de Querol 1875 1980 34 165,9
R4 Sant Vicenç de Calders / Vilafranca del Penedès / Martorell Manresa 1854 1980 39 143
R7 Barcelona-Sant Andreu Arenal Cerdanyola Universitat 1982 2005 7 15
R8 Martorell Granollers Centre 1982 2011 8 40

Servizos de proximidade del Camp de Tarragona[editar | editar a fonte]

A rede de proximidades (rodalies) está composta por dous servizos xestionados por Renfe Operadora.

Serveis de rodalia del Camp de Tarragona
Nome << >> Primeiro serveizo Estacións
RT1 Reus Tarragona 2014 3
RT2 Cambrils L'Arboç 2014 9

Servizos de proximidade de Xirona[editar | editar a fonte]

A rede de proximidade (rodalia) está composta dun servizo xestionado por Renfe Operadora.

Servei de rodalia de Girona
Nome << >> Primeiro serveizo Estacións
L'Hospitalet de Llobregat Figueres 2014 40

Servizos rexionais[editar | editar a fonte]

A rede de rexionais está composta por seis servizos de Media Distancia, Catalunya Express, xestionados por Renfe Operadora.

Nom << >> Primeiro servizo Estacións Lonxitude (km) Nome anterior
Barcelona-Sants Portbou 1854 28 172 Ca2
L'Hospitalet de Llobregat Lleida-Pirineus por Manresa 1855 38 176 Ca4b
Barcelona-Estació de França Lleida-Pirineus por Valls 1881 38 169 Ca4a
Barcelona-Estació de França Lleida-Pirineus por Tarragona e Reus 1881 31 169 Ca4a
Barcelona-Estació de França Riba-roja d'Ebre por Tarragona e Reus 1881 23 184 Ca2
Barcelona-Estació de França Tortosa / Ulldecona 1881 19 172 Ca1

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Generalitat de Catalunya (ed.). "Artículo 169 do Estatuto de Autonomía de 2006". gencat (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2010. Consultado o 31 de marzo de 2010. 
  2. "Estatuto de autonomía de Catalunya de 2006: Título IV". Viquitexts (en catalán). Consultado o 31 de marzo de 2010. 
  3. CCMA (ed.). "Qué cambios supón o traspaso de proximidades á Generalitat?". 3cat24 (en catalán). Consultado o 31 de marzo de 2010. 
  4. "Goberno e Generalitat firman o traspaso de proximidades a Cataluña". El País (en castelán). Consultado o 31 de marzo de 2010. 
  5. Generalitat de Catalunya (ed.). "Traspaso de proximidades á Generalitat de Catalunya". Gencat (en catalán). Consultado o 31 de marzo de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]