Gordon Cooper

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gordon Cooper
Gordon Cooper in Helmet and Pressure Suit - GPN-2000-001000.jpg
Datos persoais
Nacemento6 de marzo de 1927
LugarShawnee
Falecemento4 de outubro de 2004
Actividade
MisiónsMercury-Atlas 9 e Gemini 5
Tempo no espazo9,38 días
PremiosDistinguished Flying Cross (Estados Unidos), Lexionario da Lexión do Mérito, Harmon Trophy e United States Astronaut Hall of Fame
editar datos en Wikidata ]

Leroy Gordon "Gordo" Cooper Jr., nado en Shawnee, Oklahoma, o 6 de marzo de 1927 e falecido o 4 de outubro de 2004 en Ventura, California, foi un astronauta norteamericano.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cooper completou os seus estudos de primaria e secundaria entre o seu fogar natal, Shawneee, e Murray (Kentucky). Graduouse en enxeñería aeronáutica polo Instituto Tecnolóxico da Forza Aérea en 1956. Recibíu un doutoramento honorario en ciencias pola Universidade da cidade de Oklahoma en 1967.[1][2]

Cooper xa era coronel da Forza Aérea cando foi seleccionado como astronauta do proxecto Mercury en abril de 1959. Entre o 15 e o 16 de maio de 1963 pilotou a cápsula Faith 7 durante a misión Mercury-Atlas 9, a última da serie de voos Mercury, cunha duración de 34 horas e 20 minutos. Foi tamén piloto da misión Gemini 5, que foi lanzada o 21 de agosto de 1965 e tivo unha duración de 190 horas e 56 minutos. Foi piloto de reserva para a misión Gemini 12 e comandante de reserva para a misión Apollo 10. Retirouse da NASA e da Forza Aérea en 1970.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2019). "Cooper, Leroy Gordon Jr 'Gordo'" (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (xullo de 1999). "LEROY GORDON COOPER, JR. (COLONEL, USAF, RET.) NASA ASTRONAUT (DECEASED)" (PDF) (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]