Saltar ao contido

Redstone MRLV

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mercury MRLV / Redstone Mercury
FunciónLanzador espacial de capacidade media
país de orixeEstados Unidos[1]
Tamaño
altura20,0 m[1]
diámetro1,78 m[1]
masa28.400 kg[1]
Etapas1[1]
Lanzamento históricos
EstadoRetirado[1]
SitiosCabo Cañaveral[1][2]
Total de lanzamentos6[1][2]
fallos1[1][2]
Voo inaugural21 de novembro de 1960[1][2]
Último voo21 de xullo de 1961[1][2]
Primeira etapa – Redstone[1][2]
altura20 m[1][2]
diámetro1,78 m[1][2]
masa cheo28.400 kg[1][2]
impulsado por1 A-7[1][2]
potencia máxima357,0 kN[1][2]
propelenteOsíxeno líquido e alcohol[1][2]
[ editar datos en Wikidata ]

Redstone MRLV (onde MRLV é o acrónimo de Mercury-Redstone Launch Vehicle) foi o nome dun foguete suborbital derivado do mísil Redstone na súa variante Jupiter C.[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]

O MRLV consistía nun mísil Redstone modificado para poder ser tripulado e levar no seu extremo unha cápsula Mercury. Entre os cambios feitos á versión do Redstone na que se basou (Jupiter C) estaban cambios na estrutura ao non ter que usar unha segunda etapa. Ademais volveue a usar alcohol como propelente orixinal xunto con osíxeno líquido en lugar de hidracina, como no Jupiter C, pola súa toxicidade. Engadiuse un tanque de nitróxeno adicional para presurizar o tanque de propelente ampliado, necesario polo menor impulso específico que proporciona o alcohol e polo tanto a necesidade de máis cantidade para obter o mesmo resultado. Engadiuse tamén un tanque adicional de peróxido de hidróxeno para alimentar a turbobomba do motor foguete. O sistema de guiado inercial simplificouse para mellorar a fiabilidade do foguete e constriuse un anel adaptador para facer de interface entre o foguete e a cápsula Mercury. Ademais usaba o modelo de motor máis recente para os foguetes Redstone, o A-7.[1][2]

O foguete levou ao espazo en sendos voos suborbitais aos dous primeiros astronautas estadounidenses, Alan Shepard e Virgil I. Grissom, nas misións Mercury-Redstone 3 e Mercury-Redstone 4 respectivamente.[1][2]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Voo[1][2] Data[1][2] Rampla de lanzamento[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas[1][2]
MRLV-1 21 de novembro de 1960 Cabo Cañaveral LC-5 Mercury MR-1 Fallo Primeiro intento de lanzamento non tripulado. O motor apagouse 1 segundo despois de acenderse debido a un problema coa circuitería en terra.
MRLV-1 21 de novembro de 1960 Cabo Cañaveral LC-5 Mercury MR-1 Fallo Primeiro intento de lanzamento non tripulado. O motor apagouse 1 segundo despois de acenderse debido a un problema coa circuitería en terra.
MRLV-3 19 de decembro de 1960 Cabo Cañaveral LC-5 Mercury MR-1A Éxito Primeiro lanzamento non tripulado exitoso.
MRLV-2 31 de xaneito de 1961 Cabo Cañaveral LC-5 Mercury MR-2 Éxito Lanzamento dun MRLV co chimpancé Ham a bordo, que foi recuperado san e salvo despois do voo.
MRLV-5 24 de marzo de 1961 Cabo Cañaveral LC-5 Mercury MR-BD Éxito Proba do foguete cunha maqueta da cápsula Mercury.
MRLV-7 5 de maio de 1961 Cabo Cañaveral LC-5 Mercury MR-3 Éxito Primeiro astronauta estadounidense (Alan Shepard) en chegar ao espazo, aínda que o voo foi suborbital e non entrou en órbita.
MRLV-8 21 de xullo de 1961 Cabo Cañaveral LC-5 Mercury MR-4 Éxito Segundo astronauta estadounidense (Virgil I. Grissom) en chegar ao espazo nun voo suborbital. Último lanzamento dun MRLV.
  1. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 Mark Wade (2017). "Redstone MRLV" (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2017.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Redstone without upper stage" (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]