Mercury 13
Mercury 13 refírese a un programa de financiamento privado no cal participaron trece mulleres americanas, ás cales se lles fixo pasar as mesmas probas fisiolóxicas que pasaran antes os astronautas selecionados pola NASA o 9 de abril do 1959 para Proxecto Mercury.[1] O termo foi acuñado en 1995 polo produtor de Hollywood James Cross por comparación co termo Mercury Seven, nome dado aos astronautas masculinos seleccionados; con todo, as compoñentes do grupo Mercury 13 nunca fixeron parte do programa de astronautas da NASA, e ningunha das mulleres que superaron estas probas chegou a facer unha viaxe espacial con esa institución.
No 1960 algunhas mulleres actuaron como grupo de presión ante a Casa Branca e o Congreso para promover a inclusión de mulleres no programa espacial como astronautas, mesmo aparecendo antes dun comité do congreso. Clare Boothe Luce escribiu un artigo para Life criticando a NASA.
Historia
[editar | editar a fonte]William Randolph Lovelace II, doutor e tenente primeiro do Corpo Médico da Reserva do Exército estadounidense axudou a desenvolver as probas para os astronautas da NASA e despois de ter feito este traballo ficou curioso de saber se unha muller podería pasar con suceso estas mesmas probas. En 1960, Lovelace escolle a Geraldyn "Jerrie" Cobb para experimentar os mesmos desafíos.
Cobb, xa un piloto de aeroliñas cumprido, deviña a primeira muller americana (e a única do Mercury 13) en pasar e superar as tres fases de testeo que se facía naqueles tempos aos viaxeiros espaciais estadounidenses. Lovelace e Cobb recrutaron despois 19 mulleres máis para continuar co experimento e confirmar que este non fora un caso illado. Trece das 19 mulleres pasaron as mesmas probas que pasaran antes os homes do Mercuy 7. Algunhas foron inhabilitadas debido problemas cardiacos ou doutras índoles. Os resultados foron anunciados nunha conferencia en Estocolmo, Suecia.
Experiencia das candidatas
[editar | editar a fonte]Todas as candidatas eran pilotos profesionais de aeronave. Lovelace e Cobb estudaron os rexistros de aproximadamente 700 pilotos mulleres, e non convidaron ningunha con menos de 1000 horas de experiencia de voo. Algunhas delas foron recrutadas da Ninety-Nines, a organización feminina de pilotos da cal Cobb era tamén membro. Algunhas mulleres enroláronse despois de ouvir sobre a oportunidade por amigos.
Este grupo de mulleres que Jerrie Cobb chamou o First Lady Astronaut Trainees (FLATs) aceptou o desafío de ser probado na investigación en igualdade de condicións que o resto de astronautas masculinos.[2]
Probas
[editar | editar a fonte]Dado que os doutores non sabían que tensións habían afrontar os astronautas no espazo, as probas variaron dende a exposición a radiación X e as típicas probas físicas a outras máis atípicas coma teren que tragar un tubo de goma para poder analizar os seus xugos gástricos. Sometéronas a electrocucións controladas para comprobar os seus reflexos no nervio cubital. Para comprobar a súa resistenza á vertixe, auga case no punto de conxelación foi introducida nos seus ouvidos até conxelar o ouvido interno para que os doutores puidesen medir o tempo de recuperación das astronautas. Foron sometidas a outras moitas probas incómodas e difíciles de superar.
As 13
[editar | editar a fonte]As trece pilotos que superaron todas as probas foron:
- Myrtle Cagle
- Jerrie Cobb
- Janet Dietrich
- Marion Dietrich
- Wally Funk
- Sarah Gorelick (despois de casar Sarah Ratley)
- Jane Hart (nada Jane Briggs)
- Jean Hixson
- Rhea Hurrle
- Gene Nora Stumbough (despois de casar Gene Jessen)
- Irene Leverton
- Jerri Sloan (nada Hamilton)
- Bernice Steadman (nada Bernice Trimble)
Jane "Janey" Hart foi a candidata de máis idade (morreu aos 93 anos) con 41 anos era nai de oito fillos [4]. A máis nova foi Wally Funk que contaba 23. Janet e Marion Dietrich son irmás xemelgas.[5]
Probas adicionais
[editar | editar a fonte]Algunhas mulleres fixeron probas adicionais, Jerrie Cobb, Rhea Hurrle, e Wally Funk foron a Oklahoma City pasar o test da Fase II, consistente en fechalas nun tanque de illamento aboiando en auga morna e facerlles probas psicolóxicas. Algunha chegou a superar as 9 horas no tanque sen dar mostras de molestia algunha. Por causas familiares e laborais non todas as participantes puideron pasar estas probas adicionais. No canto diso, unha vez Cobb superou a Fase III, (exames aeromédicos avanzados usando equipos militares e avións a reacción) o grupo preparouse para se reunir en Pensacola na Escola Naval de Medicina para seguiren o exemplo. Dúas delas abandonaron os seus empregos para poder asistir. Con todo, poucos días antes da cita, as mulleres recibiron un telegrama que as informaba da cancelación deste evento. A mariña dos Estados Unidos non permitiría o uso das súas instalacións sen unha petición oficial da NASA. Ás veces alégase que Wally Funk tamén completou a terceira fase, mais esta afirmación é enganosa, xa que realmente, logo da cancelación das probas ela procurou formas non oficiais de ir superando as probas aquí e acolá pola súa conta. Geraldyn Cobb si aprobou de xeito oficial todos os exercicios de adestramento, sendo clasificada entre o 2% de mellores astronautas.[6]
Audiencia da Comisión de Discriminación Sexual
[editar | editar a fonte]Jerrie Cobb voou de inmediato dirección Washintong D.C para tentar que o programa de probas fose retomado. Ela e Janey Hart escribiron ao presidente John F. Kennedy e visitaron o vice-presidente Lyndon B. Johnson. Finalmente, os días 17 e 18 de xullo de 1962, o representante Victor Anfuso (D-NY) convocou audiencias públicas ante un Subcomité especial da Comisión de Ciencia e Astronáutica.[7] Significativamente, estas audiencias investigaron o posible caso de discrimación sexual dous anos antes de que a Lei de dereitos civís de 1964 fixera este tipo de discriminación ilegal nos Estados Unidos.
Cobb e Hart testemuñaron sobre os beneficios do proxecto de Lovelace mais Jacqueline Cochran, esposa deste e aviadora máis prominente da época (foi a primeira muller en superar a barreira do son, entre outras proezas) testemuña en contra do progreso da muller neste campo, argumentando que dalgún xeito a inclusión de mulleres no programa espacial podería danar ao proxecto. Os representantes da NASA George Low e os astronautas John Glenn e Scott Carpenter testemuñaron que, baixo os criterios de selección da NASA, as mulleres non podían cualificar como candidatos a astronautas. Glenn tamén dixo que "o feito de que as mulleres non estean neste eido é un feito da nosa orde social".[8] Eles afirmaron correctamente que a NASA tiña esixido a todos os seus astronautas ser pilotos de combate (as mulleres estaban prohibidas na academia militar, polo que ningunha podería ter comprido ese requisito), e ter estudos rematados de enxeñaría (inda que J.Glenn recoñeceu que foi admitido no Proxecto Mercury sen ter o título pedido). Mesmo se os membros de Mercury 13 tiñan por veces máis horas no ar que os candidatos masculinos (inda que non en avións de alto rendemento, xa que llo tiñan prohibido), a NASA negouse a considerar a concesión dunha equivalencia para as súas horas en avións de élice. A asistenta executiva do vicepresidente Lindon Johnson, Liz Carpenter, redactou unha carta ao administrador da NASA, James E. Webb, cuestionando eses requisitos, pero Johnson non autorizou que fose enviada e escribiu nela: "Paremos isto xa!"[9]
Atención dos medios
[editar | editar a fonte]O proxecto de Lovelace obtivo renovada atención dos medios despois da cosmonauta soviética Valentina Tereshkova se converter na primeira muller en atinxir o espazo o 16 de xuño de 1963. En resposta a isto, Clare Boothe Luce publicou un artigo na revista Life[10] criticando aos directivos norteamericanos e da NASA. Incluíndo fotografías das trece candidatas finalistas no artigo, fanse públicos os nomes destas por primeira vez, inda que algunhas das participantes xa tiveran atención dos medios previa.
Actualidade
[editar | editar a fonte]O 1 de xullo de 2021, o magnate Jeff Bezos anunciou que a integrante máis nova do grupo, Wally Funk finalmente si viaxará ó espazo, facendo parte da primeira misión tripulada da empresa privada de astronáutica Blue Origin.[11] Foi deste xeito o ser humano de maior idade no espazo, superando ó astronauta John Glenn, e a única integrante das Mercury 13 que finalmente fixo parte dunha tripulación espacial.
A veterana aviadora tiña xa contratada unha viaxe suborbital coa empresa Virgin Galactic.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lorenzo, Nieves; Iglesias, Encina Calvo (2020-04-18). "Ellas nos llevaron a la Luna". Ciencia, Técnica y Mainstreaming Social (en castelán) 0 (4): 61–68. ISSN 2530-7924. doi:10.4995/citecma.2020.12764.
- ↑ https://history.nasa.gov/flats.html
- ↑ https://www.nasa.gov/multimedia/imagegallery/image_feature_691.html
- ↑ https://www.washingtonpost.com/local/obituaries/jane-b-hart-strong-minded-wife-of-senator-dies-at-93/2015/06/06/81dd67e4-0bfd-11e5-95fd-d580f1c5d44e_story.html?noredirect=on&utm_term=.e7879612d6e0
- ↑ https://www.sfgate.com/bayarea/article/Bay-Area-pilot-Janet-Christine-Dietrich-dies-3209399.php
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2011. Consultado o 24 de decembro de 2011.
- ↑ "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de decembro de 2015. Consultado o 11 de decembro de 2015.
- ↑ https://web.archive.org/web/20040913124515/http://www.theglobeandmail.com/series/astronauts/astronauts02.html
- ↑ http://www.thespacereview.com/article/2331/1
- ↑ https://books.google.es/books?id=00sEAAAAMBAJ&lpg=PA1&pg=PA32&redir_esc=y#v=onepage&q&f=false
- ↑ "Quem é Wally Funk, aviadora de 82 anos que vai ao espaço com Jeff Bezos". Galileu. Consultado o 2 de xullo de 2021.
- ↑ "Woman in Space: The Long-Delayed Flight of Wally Funk". Time. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2021. Consultado o 2 de xullo de 2021.