Andijon
Coordenadas: 40°47′N 72°20′L / 40.783, -72.333
Andijon | |
---|---|
![]() | |
Mesquita de Andijon | |
Localización | |
País | ![]() |
Provincia | Andijon |
Xeografía | |
Altitude | 491 msnm |
Superficie | 76 km² |
Demografía | |
Poboación | 580.619 hab. (2012) |
Densidade | 7600 hab/km² |
Outros datos | |
Código postal | 170100-170138 |
Andijon (en uzbeko e oficialmente; en ruso: Андижан, tr. "Andizhan") é unha cidade de Uzbekistán, capital da provincia homónima. En 2012 tiña 580.619 habitantes, e está localicada no val de Ferghana, preto da fronteira con Quirguisia.
Historia[editar | editar a fonte]
Andijon foi unha importante parada na ruta da seda, a medio camiño entre Kashgar e Khodjend. É o lugar de nacemento de Zahiruddin Babur, o fundador da dinastía mongol da India, en 1483. Rusia tomou a cidade en 1876, durante a campaña que o Xeneral Slobelev efectou para suprimir unha insurrección contra o Khan de Kokand. En 1898 a rexión de Andijon sublevouse contra Rusia, a gornición rusa da cidade conseguiu sufocala con moi poucas baixas. En 1902 un terremoto derrubou a maioría dos edificios da cidade.
Economía[editar | editar a fonte]
Andijon é un centro industrial nunha área de regadío que produce froitas, algodón e seda.