Illa das Flores
| Tipo | illa | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Parte de | Azores | ||||
| Situado na entidade xeográfica | Azores | ||||
| Localización | |||||
| División administrativa | Azores, Portugal | ||||
| |||||
| Bañado por | océano Atlántico | ||||
| Características | |||||
| Altitude | 914 m | ||||
| Dimensións | 12 ( | ||||
| Punto máis alto | Morro Alto (pt) | ||||
| Superficie | 144 km² | ||||
A illa das Flores (en portugués, ilha das Flores) é unha illa do grupo occidental do arquipélago dos Azores, Portugal. É o punto máis occidental de Europa e ten unha superficie de 143 km² e unha poboación duns 3 800 habitantese, xunto con Illa de Corvo do arquipélago occidental, atópase dentro do Placa de Norteamérica.
Historia
[editar | editar a fonte]
A illa foi descuberta en 1452 por Diogo de Teive e o seu fillo Joãou de Teive. A illa foi colonizada nun principio polo nobre flamengo Willem van der Haegen (coñecido en Portugal como, Guilherme da Silveira). Van der Haegen chegara a Azores en 1469, e viviu durante un tempo na Illa do Faial, trasladándose despois a Illa Terceira, onde viviu uns anos antes de partir cara a Flores. Posteriormente abandonou Flores por estar a illa moi illada e non atoparse nas rutas navais cara a Europa, ademais a illa resultaba pouco fértil. Desta forma, o inicio do poboamento permanente da illa realizouse durante o reinado do rei Manuel I de Portugal, no ano 1510, vindo os colonos principalmente do norte de Portugal. Orixinalmente a illa recibiu os nomes de São Tomás e Santa Maria.
A illa aparece cuberta de miles de hortensias no verán, sendo este a orixe do nome da illa.
No extremo norte da illa atópase o concello de Santa Cruz das Flores, sede do concello. Ao sur atópanse a vila de Lajes das Flores, tamén sede de concello.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Lagoa Comprida na meseta
- Vista de Fajã Grande
- Cartel sobre o extremo occidental de Europa
- Pozo da Alagoinha
- Caldera Funda
- Montaña sobre Fajãzinha
- Ponta
- Caldera da Lomba
- Fajã de Lopo Vaz
- Pico da Sé
- Mapa da illa
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa das Flores |
| A Galipedia ten un portal sobre: Portugal |

