Saltar ao contido

Illa de São Jorge

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa de São Jorge
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Epónimo
Implicados
 Membro de
Localización
 Situado en
 Situado na entidade xeográfica
 Situado na entidade estatística
 Bañado por
 Continente
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   8.373 (2021) Editar o valor en Wikidata
 Anchura
   6,7 km Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   53,5 km Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   233,5 km² Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
   1.053 m Pico da Esperança (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap7357093 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/049rfl Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Illa de São Jorge é unha illa do Grupo Central do arquipélago dos Azores, Portugal, separada da Illa do Pico por un estreito de 15 km - a Canle de São Jorge. A illa ten 53 km de longo e 8 km de ancho, sendo a súa superficie total de 237´59 km² cunha poboación de 10.500 habitantes (2001). Politicamente está dividida en dous concellos o de Velas e o de Calheta.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A illa está atravesada por unha cordilleira montañosa que alcanza unha altura máxima de 1.053 metros, no Pico da Esperanza. A costa en xeral é rochosa.

Na cartografía xenovesa e catalá do século XIV, a illa é coñecida como illa de São Jorge. Esta designación foi mantida polo Infante D. Henrique. O seu poboamento comezou cara a 1460. Estudos recentes apuntan a que o primeiro núcleo de poboación atopábase na enseada das Velas, cuxa poboación foise estendendo a Rosais, Beira, Queimada, Urzelina, Mandas, Toledo, Santo António e Norte Grande. Outro núcleo de poboación atopábase en Calheta con irradiación desde alí a Biscoitos, Norte Pequeno e Ribeira Seca.

A illa xa estaba habitada cando João Vaz Corte-Real, capitán-donatario de Angra (en Illa Terceira), obtivo a Capitanía da Illa de San Jorge por carta do 4 de maio de 1483 (arquivo de Azores, vol. 3, páx. 13). En 1500 a poboación de Velas é elevada ao rango de vila e sede do consello. Fracasado o poboamento da illa das Flores, o nobre flamengo Willehm Van der Hagen (coñecido en Portugal como Guilherme da Silveira), fundou un asentamento no sitio de Topo. En 1510 Topo é elevado ao rango de vila e sede do consello e Calheta tamén foi elevada a vila e sede de consello o 3 de xuño de 1534.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]