Saltar ao contido

Providencia stuartii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Providencia stuartii[1] é unha especie de bacterias gramnegativas da familia das enterobacteriáceas, que se encontra comunmente no solo, auga e auga residual, e que pode producir infeccións en humanos. É a especie máis común do xénero Providencia.[2] P.stuartii incúbase a 37 °C en ágar nutriente ou caldo nutriente.[3] De P. stuartii procede a endonuclease de restrición PstI[4]. O seu nome específico débese ao bacteriólogo norteamericano C. A. Stuart, que fixo algúns dos primeiros estudos sobre o xénero Providencia.[1]

Papel en enfermidades

[editar | editar a fonte]

P. stuartii pode producir infeccións en humanos, xa que é un patóxeno oportunista que ataca a pacientes con queimaduras graves ou que teñen catéteres urinarios inseridos durante longo tempo.[3] As persoas vellas están en maior risco.[2] Tamén pode afectar a animais, nos cales pode causar diarrea neonatal, como ocorre nas vacas leiteiras. Nos humanos, P. stuartii pode illarse da urina (o máis común), feces e sangue, e tamén en cultivos de esputos, pel e feridas. A septicemia por P. stuartii é principalmente de orixe urinaria. É a causa máis común da síndrome da bolsa de urina púrpura (a urina adquire cor púrpura por causa da infección urinaria por esta bacteria).[5] As infeccións do torrente sanguíneo de P stuartii están asociadas con febre, taquicardia, e hipotensión.[2]

  1. 1,0 1,1 LPSN Providencia
  2. 2,0 2,1 2,2 "Providencia Infections". Medscape. 
  3. 3,0 3,1 "Providencia stuartii". theLabRat.com. 
  4. UniProt PstIR
  5. Lin, CH; Huang HT, Chien CC; et al. (December 2008). "Purple urine bag syndrome in nursing homes: ten elderly case reports and a literature review". Clinical Interventions in Aging 3 (4): 729–734. PMC 2682405. PMID 19281065. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • DSMZ Colección alemá de microorganismos e cultivos celulares.