Saltar ao contido

Programa Explorer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Programa Explorer é un programa da NASA pensado para proporcionar oportunidades de voo frecuentes a misións espaciais que utilicen unha aproximación e xestión innovadoras adicadas aos campos da heliofísica e a astrofísica. O programa está moi enfocado a misións cun forte compoñente educativo e divulgativo e está pensado tamén para dar unha resposta rápida a novas oportunidades científicas. Nestas misións tamén se valora a colaboración internacional e nalgúns casos serven como paso previo para o lanzamento de misións máis grandes e completas. Dentro do programa poden atoparse subdivisións en función do custo da misión.

O programa Explorer comezou co lanzamento do Explorer 1 en febreiro de 1958, o primeiro satélite artificial posto en órbita polos Estados Unidos e que se adicou a estudar a contorna do espazo terrestre, decubrindo o cinto de Van Allen. Dado o seu éxito seguiron outros satélites Explorer para estudar a ionosfera e magnetosfera terrestres.

Clases de misións Explorer

[editar | editar a fonte]

Explorers

[editar | editar a fonte]

As misións Explorer clásicas son misións cun custo que non excede os 200 millóns de dólares, incluíndo desenvolvemento, operación da misión e análise de datos, sen contar o vehículo de lanzamento.

Estas son as misións Explorer lanzadas ata o momento:

Nome do satélite Número de Explorer Resultado Data
Explorer 1 Explorer 1 Éxito 1/2/1958
Explorer 2 Explorer 2 Fallo 5/3/1958
Explorer 3 Explorer 3 Éxito 26/3/1958
Explorer 4 Explorer 4 Éxito 26/7/1958
Explorer 5 Explorer 5 Fallo 24/8/1958
Explorer 6 Explorer 6 Éxito 7/8/1959
Explorer 7 Explorer 7 Éxito 13/10/1959
Explorer 8 Explorer 8 Éxito 3/11/1960
Explorer 9 Explorer 9 Éxito 16/2/1961
P 14 Explorer 10 Éxito 25/3/1961
S 15 Explorer 11 Éxito 27/4/1961
EPE-A Explorer 12 Éxito 16/8/1961
S 55A Explorer 13 Éxito 25/8/1961
EPE-B Explorer 14 Éxito 2/10/1962
EPE-C Explorer 15 Éxito 27/10/1962
S 55B Explorer 16 Éxito 16/12/1962
AE-A Explorer 17 Éxito 3/4/1963
IMP-A Explorer 18 Éxito 27/11/1963
AD-A Explorer 19 Éxito 19/12/1963
IE-A Explorer 20 Éxito 25/8/1964
IMP-B Explorer 21 Éxito 4/10/1964
BE-B Explorer 22 Éxito 10/10/1964
S 55C Explorer 23 Éxito 6/11/1964
AD-B Explorer 24 Éxito 21/11/1964
Injun 4 Explorer 25 Éxito 21/11/1964
EPE-D Explorer 26 Éxito 21/12/1964
BE-C Explorer 27 Éxito 29/4/1965
IMP-C Explorer 28 Éxito 29/5/1965
GEOS 1 Explorer 29 Éxito 6/11/1965
SOLRAD 8 Explorer 30 Éxito 19/11/1965
DME-A Explorer 31 Éxito 29/11/1965
AE-B Explorer 32 Éxito 25/5/1966
IMP-D Explorer 33 Éxito 1/7/1966
IMP-F Explorer 34 Éxito 24/5/1967
IMP-E Explorer 35 Éxito 19/7/1967
GEOS 2 Explorer 36 Éxito 11/1/1968
SOLRAD 9 Explorer 37 Éxito 5/3/1968
RAE-A Explorer 38 Éxito 4/7/1968
AD-C Explorer 39 Éxito 8/8/1968
Injun 5 Explorer 40 Éxito 8/8/1968
IMP-G Explorer 41 Éxito 21/6/1969
Uhuru Explorer 42 Éxito 12/12/1970
IMP-I Explorer 43 Éxito 13/3/1971
SOLRAD 10 Explorer 44 Éxito 8/7/1971
S-Cubed A Explorer 45 Éxito 15/11/1971
Meteoroid Technology Satellite Explorer 46 Éxito 13/8/1972
IMP-H Explorer 47 Éxito 23/9/1972
SAS-B Explorer 48 Éxito 15/11/1972
RAE-B Explorer 49 Éxito 10/6/1973
IMP-J Explorer 50 Éxito 26/10/1973
AE-C Explorer 51 Éxito 16/12/1973
Hawkeye 1 Explorer 52 Éxito 3/6/1974
SAS-C Explorer 53 Éxito 7/5/1975
AE-D Explorer 54 Éxito 6/10/1975
AE-E Explorer 55 Éxito 20/11/1975
ISEE 1 Explorer 56 Éxito 22/10/1977
IUE Explorer 57 Éxito 26/1/1978
HCMM Explorer 58 Éxito 26/4/1978
ISEE 3 Explorer 59 Éxito 12/8/1978
SAGE Explorer 60 Éxito 18/2/1979
Magsat Explorer 61 Éxito 30/10/1979
Dynamics Explorer 1 Explorer 62 Éxito 3/8/1981
Dynamics Explorer 2 Explorer 63 Éxito 3/8/1981
SME Explorer 64 Éxito 6/10/1981
AMPTE/CCE Explorer 65 Éxito 16/8/1984
COBE Explorer 66 Éxito 18/11/1989
EUVE Explorer 67 Éxito 7/6/1992
WIRE Explorer 75 Éxito 5/3/1999
TERRIERS Explorer 76 Éxito 18/5/1999

Medium-Class Explorers (MIDEX)

[editar | editar a fonte]

As misións da clase MIDEX non poden superar un custo de 180 millóns de dólares durante o desenvolvemento e operación da misión, de novo exceptuando o lanzador.

As misións MIDEX lanzadas ata o momento son:

Nome do satélite Número de Explorer Resultado Data
XTE Explorer 69 Éxito 30/12/1995
ACE Explorer 71 Éxito 25/8/1997
FUSE Explorer 77 Éxito 24/6/1999
IMAGE Explorer 78 Éxito 25/3/2000
WMAP Explorer 80 Éxito 30/6/2001
Swift Explorer 84 Éxito 20/11/2004
THEMIS-A Explorer 85 Éxito 17/2/2007
THEMIS-B Explorer 86 Éxito 17/2/2007
THEMIS-C Explorer 87 Éxito 17/2/2007
THEMIS-D Explorer 88 Éxito 17/2/2007
THEMIS-E Explorer 89 Éxito 17/2/2007
WISE Explorer 92 Éxito 14/12/2009
TESS Explorer 95 Éxito 18/4/2018
ICON Explorer 96 Éxito 11/10/2019

Small Explorers (SMEX)

[editar | editar a fonte]

As misións SMEX non poden superar os 120 millóns de dólares, tamén excluíndo o lanzador. Lanzáronse as seguintes:

Nome do satélite Número de Explorer Resultado Data
SAMPEX Explorer 68 Éxito 3/7/1992
FAST Explorer 70 Éxito 21/8/1996
TRACE Explorer 73 Éxito 2/4/1998
SWAS Explorer 74 Éxito 6/12/1998
RHESSI Explorer 81 Éxito 5/2/2002
GALEX Explorer 83 Éxito 28/4/2003
AIM Explorer 90 Éxito 25/4/2007
IBEX Explorer 91 Éxito 19/10/2008
NuSTAR Explorer 93 Éxito 13/6/2012
IRIS Explorer 94 Éxito 28/6/2013

University-Class Explorers (UNEX)

[editar | editar a fonte]

A clase UNEX non pode superar os 15 millóns de dólares por misión, de novo excluíndo ao lanzador. Ata agora lanzáronse:

Nome do satélite Número de Explorer Resultado Data
SNOE Explorer 72 Éxito 26/2/1998
FAST Explorer 70 Éxito 21/08/1996
CHIPS Explorer 82 Éxito 13/1/2003

Misións de oportunidade

[editar | editar a fonte]

As misións de oportunidade forman parte de misións que non son propias da NASA e que, en total, non poden ter un custo de máis de 55 millóns de dólares. Adoitan tomar forma de colaboración en misións internacionais e non sempre se lles asigna un número Explorer. Ata agora tiveron lugar estas misións de oportunidade:

Nome do satélite Número de Explorer Resultado Data
HETE 2 Explorer 79 2000-061A 9/10/2000
Suzaku 2 Guest Observer Facility 2005-025A 10/7/2005
USA 184 TWINS 1 2006-027A 28/6/2006
USA 200 TWINS 2 2008-010A 13/3/2008
C/NOFS CINDI 2008-017A 16/4/2008