NuSTAR
| NuSTAR / SMEX 11 / Explorer 93 | |
|---|---|
| Tipo | Observatorio espacial |
| Organización | NASA |
| Data de lanzamento | 13 de xuño de 2012[1][2][3] |
| Foguete portador | Pegasus XL[2][4] |
| Sitio de lanzamento | Atol Kwajalein[2][4][5] |
| Obxectivo da misión | Observación do ceo en raios X.[2][4][5] |
| NSSDC ID | 2012-031A |
| Masa | 360 kg[2] |
| Datos orbitais | |
| Semieixo maior | 6968 km[1] |
| Inclinación | 6,0°[1] |
| Apoapse | 604,2 km[1] |
| Periapse | 590,1 km[1] |
NuSTAR, acrónimo de Nuclear Spectroscopic Telescope Array, e tamén coñecido como SMEX 11 e Explorer 93, é un observatorio espacial da NASA lanzado o 13 de xuño de 2012 mediante un foguete Pegasus XL desde o atol Kwajalein, nas illas Marshall.[1][2][4][5]
Características
[editar | editar a fonte]NuSTAR forma parte do programa SMEX de satélites pequenos e de baixo custo e está adicado a observar o ceo en raios X, no rango de enerxías entre 8 e 80 keV. O seu obxectivo principal son os quásares, os buratos negros binarios galácticos e os remanentes de supernovas, estudando os espectros orixinados polas transicións nucleares que se dan no rango de enerxías no que observa.[1][2][4][5]
O observatorio usa o bus LEOStar-2 e está formado por dous telescopios de raios X duros separados do corpo principal do observatorio por un mastro de 10 m de lonxitude e que focalizan os fotóns nun detector de estado sólido.[1][2][4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 6 7 8 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "NUSTAR" (en inglés). Consultado o 28 de agosto de 2023.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (28 de outubro de 2022). "NuSTAR" (en inglés). Consultado o 28 de agosto de 2023.
- ↑ "Note verbale dated 14 March 2013 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (13-82175 (E)). 27 de marzo de 2013: 4. Consultado o 28 de agosto de 2023.
- 1 2 3 4 5 6 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "NuSTAR (SMEX 11, Explorer 93)" (en inglés). Consultado o 28 de agosto de 2023.
- 1 2 3 4 5 Mark Wade (2023). "NuSTAR" (en inglés). Consultado o 28 de agosto de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: NuSTAR |