Far Ultraviolet Spectroscopic Explorer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «FUSE»)
Far Ultraviolet Spectroscopic Explorer (FUSE)
Representación artística de FUSE.
TipoObservatorio espacial.
OrganizaciónNASA[1]
Satélite deTerra
Data de lanzamento24 de xuño de 1999[2][3][4]
Foguete portadorDelta II 7320[1][3][5]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral[3][6]
Obxectivo da misiónObservación astronómica no ultravioleta remoto.[3][6]
NSSDC ID1999-035A
Masa1400 kg[1][3]
Dimensións7,6 m de longo.[3]
Potencia520 vatios[3]
Datos orbitais
Semieixo maior7130,1 km[2]
Inclinación25 graos[2]
Apoapse766,7 km[2]
Periapse751,5 km[2]

FUSE (acrónimo de Far Ultraviolet Spectroscopic Explorer), tamén coñecido como Explorer 77, é un observatorio espacial da NASA lanzado o 24 de xuño de 1999 mediante un foguete Delta II 7320 desde Cabo Cañaveral.[1][3][5]

Características[editar | editar a fonte]

FUSE é o satélite número 77 do programa Explorer. É un observatorio espacial adicado a observar no ultravioleta remoto, no rango de lonxitudes de onda entre 90,5 e 119,5 nanómetros, principalmente para obter espctros de alta resolución.[1][3]

O satélite ten unha lonxitude duns 7,6 metros de longo e leva catro telescopios coaliñados e cunha apertura de 39 cm x 35 cm.[3]

FUSE foi deseñado para ter unha vida operativa de tres anos, que foi ampliada posteriormente. Tódolos volantes de inercia do satélite foron fallando sucesivamente, ata que o último deixou de funcionar o 12 de xullo de 2007, impedindo un apuntado preciso dos telescopios e por tanto poñendo fin á misión científica.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: FUSE (MIDEX 0)" (en inglés). Consultado o 23 de xaneiro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "FUSE 1" (en inglés). Consultado o 23 de xaneiro de 2012. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 NASA (4 de novembro de 2011). "FUSE" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2012. Consultado o 23 de xaneiro de 2012. 
  4. "Note verbale dated 15 November 1999 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (99-91066 (E)): 5. 9 de decembro de 1999. Consultado o 23 de xaneiro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 Mark Wade (2011). "Delta 7320-10" (en inglés). Consultado o 26 de xuño de 2012. 
  6. 6,0 6,1 Mark Wade (2011). "FUSE" (en inglés). Consultado o 23 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]