Saltar ao contido

Explorer 4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Explorer 4
Esquema de Explorer 4.
TipoCientífico
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento26 de xullo de 1958, 15:00 GMT[1][2][3]
Foguete portadorJuno I[2][4]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral[2]
Obxectivo da misiónEstudo da radiación espacial.[2]
Decaemento23 de outubro de 1959[1]
NSSDC ID1958-005A
Masa25,5 kg[2][5]

Explorer 4 foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 26 de xullo de 1958 mediante un foguete Juno I desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][4]

Características

[editar | editar a fonte]

A misión de Explorer 4 foi estudar as partículas cargadas (protóns e electróns) atrapadas nos cintos de radiación terrestre. A bordo levaba dous tubos Geiger e detectores de cristais de ioduro de cesio, así como plástico de centeleo. Unha vez en órbita o satélite comezou a xirar descontroladamente, o que dificultou a interpretación dos datos dos contadores de radiación. O 3 de setembro de 1958 fallaron o detector de plástico de centeleo e o transmisor de baixa potencia. O transmisor de alta potencia fallou o 5 de outubro. Reentrou na atmosfera o 23 de outubro de 1959, tras 454 días en órbita.[1][2][5]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 4" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (14 de maio de 2012). "Explorer 4" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2013. 
  3. Claude Lafleur (2010). "Explorer 4" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2013. 
  4. 4,0 4,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: Explorer 1, 2, 3, 4, 5" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2013. 
  5. 5,0 5,1 Mark Wade (2011). "Explorer B" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]