Solar Anomalous and Magnetospheric Particle Explorer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «SAMPEX»)
Solar Anomalous and Magnetospheric Particle Explorer (SAMPEX) / Explorer 68
SAMPEX
TipoObservatorio espacial
OrganizaciónNASA
Satélite deTerra
Data de lanzamento3 de xullo de 1992[1][2][3]
Foguete portadorScout G1[2][4]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2][5]
Obxectivo da misiónEstudo dos raios cósmicos e de partículas provenientes do Sol.[2][5]
NSSDC ID1992-038A
Masa158 kg[2][4][5]
Potencia16,7 vatios[2]
Datos orbitais
Semieixo maior6769,4 km[1]
Inclinación81,6 graos[1]
Apoapse418,7 km[1]
Periapse378,1 km[1]

SAMPEX (acrónimo de Solar Anomalous and Magnetospheric Particle Explorer), tamén coñecido como Explorer 68, é un observatorio espacial da NASA pertencente ó programa Explorer e lanzado o 3 de xullo de 1992 mediante un foguete Scout G1 desde a base Vandenberg da Forza Aérea.[2][4]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de SAMPEX foi obter datos e realizar medicións de raios cósmicos anómalos, das emisións de partículas do Sol e dos electróns relativistas atrapados na magnetosfera.[2][4]

O satélite estabilízase nos tres eixos, co eixo de elevación apuntando ó Sol. Os paneis solares proporcionaban unha potencia de 16,7 vatios e o sistema de telemetría emitía en banda S a unha velocidade de ata 1,5 Mbps. Os instrumentos científicos apuntaban cara ao cénit local para poder observar optimamente o fluxo de raios cósmicos.[2][4]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

SAMPEX levaba catro instrumentos a bordo:[2][4]

  • HILT (Heavy Ion Large Area Proportional Counter Telescope)
  • LEICA (Low Energy Ion Composition Analyzer)
  • MAST (Mass Spectrometer Telescope)
  • PET (Proton/Electron Telescope)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "SAMPEX" (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2012. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (4 de novembro de 2011). "SAMPEX" (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2012. 
  3. "Note verbale dated 1 February 1993 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF). 1 de febreiro de 1993. Consultado o 18 de abril de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: SAMPEX (SMEX 1)" (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Mark Wade (2011). "SAMPEX" (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2012.