Explorer 6

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Explorer 6 / S-2
Explorer 6
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento7 de agosto de 1959, 14:24 GMT[1][2][3]
Foguete portadorThor Able III[2][4]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 17A[2][5]
Obxectivo da misiónEstudo dos campos magnéticos e partículas.[2][5]
Decaemento30 de xuño de 1961[1]
NSSDC ID1959-004A
Masa64,4 kg[4]

Explorer 6, tamén coñecido como S-2, foi un satélite artificial da NASA lanzado o 7 de agosto de 1959 mediante un foguete Thor Able III desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][4][5]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de Explorer 6 foi estudar a radiación atrapada en varios rangos de enerxía, os raios cósmicos galácticos, o xeomagnetismo, a propagación das ondas de radio na atmosfera superior e o fluxo de micrometeoritos. A bordo ía tamén unha cámara rudimentaria para fotografar a cuberta nubosa da Terra.[2][4][5]

O satélite estabilizábase mediante xiro a 2,7 revolucións por segundo e tiña forma de esfera con catro paneis solares estendéndose desde o corpo principal. Tódolos experimentos excepto a cámara tiñan dous tipos de saída: analóxica e dixital. Para o sinal dixital e da cámara usábase un transmisor en UHF (que funcionaba só unhas horas ao día), mentres que para o sinal analóxico se usaban dous transmisores VHF (que podían funcionar de maneira continua).[2][4][5]

Unha vez en órbita só tres dos catro paneis solares quedaron despregados, co que o satélite viu reducida a enerxía dispoñible. A redución de enerxía afectou a calidade dos datos recollidos ao reducir a proporción sinal-ruído. Un dos transmisores VHF fallou o 11 de setembro de 1959. O contacto co satélite perdeuse definitivamente o 6 de outubro dese mesmo ano. En total recolléronse 827 horas de datos analóxicos e 23 horas de datos dixitais durante a misión.[2][4][5]

Explorer 6 reentrou na atmosfera e destruíuse o 30 de xuño de 1961.[1][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 6" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (9 de marzo de 2017). "Explorer 6" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2017. 
  3. Claude Lafleur (2010). "Explorer 6 / “The Paddlewheel Satellite”" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: S-2" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Mark Wade (2017). "S-2" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]