Explorer 7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Explorer 7 / S-1
Installing Explorer VII.jpg
Explorer 7 sendo instalado no foguete Juno II
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento13 de outubro de 1959, 15:30 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorJuno II[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, LC-5[2][6]
Obxectivo da misiónEstudo dos raios X solares e dos raios cósmicos.[2][6]
NSSDC ID1959-009A
Masa41,5 kg[5]
DimensiónsBicono truncado de 75 cm de diámetro e 75 cm de alto[2]
Datos orbitais
Semieixo maior6963 km[1]
Inclinación50,3 graos[1]
Apoapse691,8 km[1]
Periapse393,3 km[1]

Explorer 7, tamén coñecido como S-1 ou S-1A, foi un satélite artificial da NASA lanzado o 13 de outubro de 1959 mediante un foguete Juno II desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral. Un intento previo para lanzar unha nave igual, o 16 de xullo de 1959, finalizou en fracaso pola perda de control do foguete lanzador aos 5,5 segundos da engalaxe.[2][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de Explorer 7 foi estudar os raios X e os raios ultravioleta na lonxitude de onda da liña Lyman alfa do Sol, así como os raios cósmicos pesados, a capacidade de penetración dos micrometeoritos e o equilibrio de calor da atmosfera terrestre.[2][5][6]

O satélite estabilizábase mediante xiro e estaba formado por dous conos de fibra de vidro unidos pola base xunto cun cilindro intermedio, cunha altura total de 75 cm, igual que o seu diámetro. A alimentación eléctrica era proporcionada por 3000 células solares que recubrían a superficie do satélite e que alimentaban unha serie de 15 baterías de níquel-cadmio. O satélite transmitía datos mediante dúas antenas de dipolo cunha potencia de 1 watt e a unha frecuencia de 20 MHz, mentres que unha terceira antena, a 108 MHz, se usaba para seguimento da nave.[2][5][6]

No ecuador do satélite atopábanse cinco bolómetros para medir a radiación térmica da Terra, así como tres celas de sulfuro de cadmio que servían de detectores de micrometeoritos. Na parte superior do satélite atopábanse unha cámara de ións cilíndrica e un detector de berilio para raios X, mentres que na inferior había un contador Geiger. Na parte central do cono superior ía instalada a cámara de ionización.[2][5][6]

Explorer 7 foi inxectado nunha órbita inicial de 1058,7 km de apoxeo e 551,9 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 50,3 graos e un período de 100,9 minutos. Enviou datos de maneira continua ata febreiro de 1961 e logo intermitente ata o 24 de agosto dese mesmo ano, e logo xa non volveu transmitir.[1][3][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 7" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (9 de marzo de 2017). "Explorer 7" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2017. Consultado o 12 de marzo de 2017. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 6 March 1962 from the Acting Secretary-General addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space, transmitting a communication dated 5 March 1962 from Permanent Representative of the United States of America" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (62-04423): 3. 7 de marzo de 1962. Consultado o 12 de marzo de 2017. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Explorer (S-1)" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: S-1" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2017). "S-1" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]