Tomographic Experiment using Radiative Recombinative Ionospheric EUV and Radio Sources

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «TERRIERS»)
Tomographic Experiment using Radiative Recombinative Ionospheric EUV and Radio Sources (TERRIERS) / Explorer 76
Diagrama de TERRIERS
TipoObservación terrestre
OrganizaciónNASA
Satélite deTerra
Data de lanzamento18 de maio de 1999[1][2][3]
Foguete portadorPegasus XL[2][4]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2][5]
Obxectivo da misiónEstudo da ionosfera terrestre.[2][5]
NSSDC ID1999-026A
Masa120 kg[2][4]
Potencia16 vatios[2]
Datos orbitais
Semieixo maior6864,2 km[1]
Inclinación97,1 graos[1]
Apoapse497,2 km[1]
Periapse489,1 km[1]

TERRIERS (acrónimo de Tomographic Experiment using Radiative Recombinative Ionospheric EUV and Radio Sources), tamén coñecido como Explorer 76, é un satélite artificial da NASA pertencente ó programa Explorer e lanzado o 18 de maio de 1999 mediante un foguete Pegasus XL desde a base Vandenberg da Forza Aérea.[2][4]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de TERRIERS era facer medicións en dúas e tres dimensións da densidade de electróns na ionosfera e obter perfiles da fotoemisión da termosfera no ultravioleta mediante técnicas de tomografía.[2][4]

Trala engalaxe e posta en órbita produciuse un problema no control de actitude que impedía ós paneis solares apuntar correctamente ó Sol. Pouco despois as baterías esgotáronse e foi imposible retomar o contacto co satélite[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "TERRIERS" (en inglés). Consultado o 16 de febreiro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (4 de novembro de 2011). "TERRIERS" (en inglés). Consultado o 16 de febreiro de 2012. 
  3. "Note verbale dated 15 November 1999 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (99-91066 (E)). 9 de decembro de 1999: 2. Consultado o 16 de febreiro de 2012. [Ligazón morta]
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: TERRIERS (STEDI 2)" (en inglés). Consultado o 16 de febreiro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 Mark Wade (2011). "TERRIERS" (en inglés). Consultado o 16 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]