Federación de Fútbol de Chile
Aparencia
CONMEBOL | |
---|---|
Fundación | 1895 |
Afiliación á FIFA | 1913 |
Afiliación á CONMEBOL | 1916 |
Presidente | Harold Mayne-Nicholls |
Sitio web | www.anfp.cl |
A Federación de Fútbol de Chile (FFC) é o corpo gobernante do fútbol de Chile. Foi fundada o 19 de xuño de 1895, é un membro fundador da Conmebol, e está a cargo da organización da selección nacional e dos campionatos oficiais de fútbol. É a segunda federación suramericana máis antiga despois da Asociación do Fútbol Arxentino. En 1916 a FFC, en conxunto coas asociacións de fútbol da Arxentina, o Brasil e o Uruguai, fundaron a Conmebol, tres anos antes afiliárase á FIFA.