Premio Capital Verde Europea

O Premio Capital Verde Europea (en inglés: European Green Capital Award) é un galardón instituído e xestionado pola Comisión Europea para recoñecer ás cidades que mellor se ocupan da protección e conservación do ambiente e da contorna vital dos seus habitantes. A cidade que cada ano ostenta a capitalidade exerce de modelo de actuación verde e comparte as súas prácticas con outras cidades.[1]
O premio está aberto, ademais da os 27 países membros da Unión Europea, aos países candidatos oficiais (Turquía, Montenegro, Macedonia do Norte, Croacia e Islandia), así como aos países do Espazo Económico Europeo (Islandia, Noruega e Liechtenstein).
Cidades galardoadas[editar | editar a fonte]
- 2010:
Estocolmo[2]
- 2011:
Hamburgo[3]
- 2012:
Vitoria[4]
- 2013:
Nantes[5]
- 2014:
Copenhague
- 2015:
Bristol
- 2016:
Liubliana
- 2017:
Essen
- 2018:
Nijmegen
- 2019:
Oslo
- 2020:
Lisboa
- 2021:
Lahti
- 2022:
Grenoble
Designacións[editar | editar a fonte]
2010 e 2011[editar | editar a fonte]
35 cidades presentaron a súa solicitude para ser designadas Capital Verde Europea 2010 ou 2011. Estocolmo e Hamburgo resultaron elixidas respectivamente por un xurado específico en febreiro de 2009. As demais finalistas foron: Ámsterdan,
Bristol,
Copenhaguen,
Friburgo,
Münster e
Oslo.
2012 e 2013[editar | editar a fonte]
Para a convocatoria de 2012 e 2013 presentáronse 17 cidades. No transcurso da conferencia de Capital Verde Europea en Estocolmo, o 21 de outubro de 2010, designouse a Vitoria e Nantes como Capital Verde Europea 2012 e 2013 respectivamente. As outras catro finalistas foron: Barcelona,
Malmö,
Núremberg e
Reiquiavik.[6]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Vive vostede nunha "cidade verde"?". ec.europa.eu. 2008. Consultado o 24-10-2010.
- ↑ "Stockholm - European Green Capital 2010". ec.europa.eu. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2011. Consultado o 05 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Hamburg - European Green Capital 2011". ec.europa.eu. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2011. Consultado o 05 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Vitoria-Gasteiz - European Green Capital 2012". ec.europa.eu. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2011. Consultado o 05 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Nantes - European Green Capital 2013". ec.europa.eu. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2011. Consultado o 05 de xaneiro de 2012.
- ↑ "A CE elixe a Vitoria Capital Verde Europea para 2012". abc.es. 2010. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2014. Consultado o 05 de xaneiro de 2012.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Premio Capital Verde Europea, sitio oficial (en castelán)
- Premio Capital Verde Europea en flickr
- Canle de Premio Capital Verde Europea no YouTube
- Estocolmo 2010, sitio oficial (en inglés)
- Hamburgo 2011, sitio oficial (en alemán)
- Vitoria-Gasteiz 2012, sitio oficial (en castelán)
- Nantes 2013, sitio oficial (en francés)