Lois Pérez Díaz
(2023) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 2 de xuño de 1979 Lugo |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, mestre |
| Premios | |
Lois Pérez Díaz, nado en Lugo o 2 de xuño de 1979, é un escritor e narrador oral galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Deuse a coñecer como escritor ao obter en 2008 un dos premios de Teatro Radiofónico da Radio Galega, organizado polo programa Diario Cultural, coa obra Saltimbanqui. A obra foi posteriormente dirixida e adaptada para a escena por Quico Cadaval, e foi interpretada por Cadaval, Xan Cejudo e Xosé Manuel Olveira "Pico". Foi colaborador do grupo de teatro Pinchacarneiro, da Fundación Anade para persoas con diversidade funcional, escribiu de rock and roll para a revista Ruta 66, foi locutor radiofónico nocturno para openradio.es. Colaborou coa Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG e coordinou diferentes proxectos de innovación na normalización lingüística do galego na escola, premiados todos eles (2008, 2009, 2010 e 2011) por organismos oficiais e institucións diversas.[1][2]
Foi xogador profesional de fútbol sala e ten o título de soldador de oxiacetilénica.[3]
Obras
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- Hoxe toca Leiva? (2026). Vigo: Xerais. 288 páxs. ISBN 978-84-1110-820-1. ePub: ISBN 978-84-1110-823-2.[4]
Teatro
[editar | editar a fonte]- Saltimbanqui (2008).
Poesía
[editar | editar a fonte]- LP (2013). Emerxente.[5]
- Long Play (2017). Vigo: Xerais. 192 páxs. 2ª ed., ISBN 978-84-9121-293-5. ePub: ISBN 978-84-9121-599-8.[6]
- Lugo Philadelphia (2023). Con Alba Díaz. Vigo: Xerais. 136 páxs. ISBN 978-84-1110-241-4. ePub: ISBN 978-84-1110-252-0.
Infanto xuvenil
[editar | editar a fonte]- A gruta da torre (2022). Vigo: Xerais. Ilustracións de Rosalía Díaz. 192 páxs. ISBN 978-84-1110-148-6. ePub: ISBN 978-84-1110-164-6.
- A tribo do mar (2023). Vigo: Xerais, Fóra de Xogo. 224 páxs. ISBN 978-84-1110-404-3.[7] ePub: ISBN 978-84-1110-425-8.
- Cartas na escuridade (2024). Cuarto de Inverno. 256 páxs. ISBN 978-84-124586-5-7.
Premios
[editar | editar a fonte]- 2008: Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico da audiencia e do xurado.[8]
- V Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade por A gruta da torre.[9]
- 2022: XVI Premio Raíña Lupa por A tribo do mar.[10]
- 2023: VI Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil por Cartas na escuridade.[11]
- 2024: Premio de xornalismo Johán Carballeira por Eloxio do apenovismo.[12]
- 2025: Premio Follas Novas do Libro Galego na modalidade de xuvenil por Cartas na escuridade.[13]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Está casado e ten un fillo.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-10-25.
- ↑ "Lois Pérez Sete Falares". Consultado o 2021-10-25.
- 1 2 "Lois Pérez". www.aelg.gal. Consultado o 2021-10-25.
- ↑ "Hoxe toca Leiva? - Edicións Xerais". xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2026. Consultado o 2026-03-21.
- ↑ "O selo Emerxente publica "LP" o primeiro poemario do lucense Lois Pérez CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2021-10-25.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-10-25.
- ↑ "A tribo do mar - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-11-08.
- ↑ "Vieiros: Galiza Hoxe - 'O mal da vaca' faise co premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico". www.vieiros.com. Consultado o 2021-10-25.
- ↑ "iescha". iescha. Consultado o 2021-10-25.
- ↑ Diario, Nós (2022-10-24). "Lois Pérez gaña o XVI Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil". Nós Diario. Consultado o 2022-10-25.
- ↑ "'Cartas na escuridade' de Lois Pérez obtén o premio María Victoria Moreno". Pontevedra Viva. 2023-12-20. Consultado o 2023-12-20.
- ↑ "Xosé Luís Mosquera Camba e Lois Pérez Díaz gañan os Premios Johan Carballeira do Concello de Bueu – Concello de Bueu". concellodebueu.gal. Consultado o 2024-04-23.
- ↑ "Rosa Aneiros, María Álvarez Landesa e Paula Carballeira acadan os premios Follas Novas". La Voz de Galicia. 2025-04-27. Consultado o 2025-04-27.