Precámbrico
O precámbrico é o nome que se dá ao conxunto dos eóns anteriores ao Fanerozoico: o Proterozoico, o Arcaico e o Hadeico. A pesar de ser un termo obsoleto [Cómpre referencia], aínda consta no Cuadro Estratigráfico Internacional da Comisión Internacional sobre Estratigrafía da Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas[1]. Recibiu tamén os nomes de Azoico ("sen vida") e Criptozoico ("vida oculta"), actualmente en desuso.a
O Precámbrico comprende desde a creación da Terra, hai case 4.500 millóns de anos, ata o xurdimento dunha larga cantidade de fósiles, que marca o comezo do período Cámbrico da era Paleozoica do eón Fanerozoico, hai case 540 millóns de anos.
Sábese pouco dos eóns precambrianos, a pesar de corresponderen a sete oitavos da vida da Terra, xa que as modificacións a que a tona terrestre foi submetida posteriormente dificultan a interpretación dos seus vestixios. A maioría dos coñecementos actuais débese a descubrimentos efectuadas nas últimas catro ou cinco décadas. Foi no Precámbrico cando aconteceron algúns dos eventos máis importantes da historia da Terra:
- o inicio do movemento das placas tectónicas;
- o inicio da vida na Terra;
- a aparición das primeiras células eucarióticas;
- a formación da atmosfera;
- a aparición dos primeiros animais e vexetais.
Precámbrico | |||
---|---|---|---|
Hadeico | Arcaico | Proterozoico | Fanerozoico |