Pran

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pran
Pran Actor.JPG
Nome completoPran Krishan Sikand
Nacemento12 de febreiro de 1920
LugarDelhi, India británica
Falecemento12 de xullo de 2013 (93 anos)
LugarBombai, India India
Causapneumonía
NacionalidadeIndia e Raj Británico
RelixiónHinduísmo
Cónxuxe(s)Shukla Sikand (1945–2013, até a súa morte)
FillosArvind, Sunil Sikand, Pinky
ProfesiónActor (1940–2007)
http://pransikand.com/
editar datos en Wikidata ]

Pran Krishan Sikand, nado o 12 de febreiro de 1920, e finado o 12 de xullo de 2013, máis coñecido como Pran, era un actor indio galardoado con múltiples premios Filmfare e BFJA, sendo un dos máis recoñecibles malvados no cine hindi dende a década de 1940 até a década de 1990.[1] Actuou como heroe dende 1940 até 47 e como malvado dende 1942 a 1991 e fixo papeis secundarios entre 1948 e 2007.

Nunha longa e prolífica carrerira apareceu en máis de 350 filmes. Fixo o papel protagonista en Khandaan (1942), Pilpili Saheb (1954) e Halaku (1956). Os seus papeis en filmes como Madhumati (1958), Jis Desh Men Ganga Behti Hai (1960), Upkar (1967), Shaheed (1965), Purab Aur Paschim (1970), Ram Aur Shyam(1967), Aansoo Ban Gaye Phool (1969), Johny Mera Naam (1970), Victoria No. 203 (1972), Be-Imaan (1972), Zanjeer (1973), Don (1978), Amar Akbar Anthony (1977) e Duniya (1984) son consideradas as súas mellores interpretacións.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gulzar, Govind Nihalani, Saibal Chatterjee (2003). Encyclopaedia Britannica (India) Pvt. Ltd., ed. Encyclopaedia of Hindi Cinema. p. 605. ISBN 8179910660. Consultado o 15 de abril de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre cinema é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.