Prácticas Modernas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Prácticas Modernas
PaísEspaña
Lugar de publicaciónA Coruña
editar datos en Wikidata ]

Prácticas Modernas foi unha revista editada na Coruña entre 1903 e 1936.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Revista quincenal ilustrada, apareceu o 1 de xaneiro de 1903. Impresa na tipografía de El Noroeste, estaba dirixida por José Gradaille e a súa finalidade era eminentemente modernizadora, pragmática e divulgadora.

Vinculada aos círculos socialcatólicos da Coruña, entre os seus colaboradores figuraron Bartolomé Calderón, un dos fundadores (que tamén asinaba cos pseudónimos Agro e F. Alocitro), José María Hernasáez, Valeriano Villanueva (que asinaba cos pseudónimos Un Labrador á Moderna e R. de Bretoña), Amador Montenegro Saavedra e Picadillo, e os estranxeiros Lucien Lacour. Dunha maneira máis esporádica, tamén publicaron algún artigo Murguía e Eladio Fernández Diéguez.

A revista contaba con seccións máis ou menos fixas e publicaba un editorial sobre política agrogandeira referida a Galicia, así como diversos artigos técnicos e información de tipo agrario-societario. A partir do 1 de xaneiro de 1906, cambiou o seu título orixinal polo de Prácticas Modernas e Industrias Rurales, ao fusionarse coa revista santanderina Industrias Rurales, órgano da Sociedade de Avicultores Montañeses.

Dende finais de marzo de 1907 converteuse en voceira do sindicato Cámara Agrícola da Coruña, fundado ese mesmo ano e orientouse a contrarrestar o avance societario de Unión Campesina.

Representou a toma de conciencia dos propietarios medios sobre o atraso agrícola galego. Tivo moita incidencia no agrarismo galego, pois a maior parte das informacións agrícolas que recollía a prensa agraria procedía de Prácticas Modernas. Contribuíu a formar agraristas como Rodrigo Sanz e Juan Rof Codina.

Deixou de publicarse en Galicia en 1913 pero reapareceu en Barcelona como sección fixa para Galicia e Asturias de El Cultivador Moderno, dirixido por Rof Codina. Tiña entón só dúas páxinas, redactadas na súa maior parte polo seu director. Mantívose ata xullo de 1936.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]