Unión Campesina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unión Campesina
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Unión Campesina foi unha organización sindical agraria galega aparecida en 1907.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Tivo o seu ámbito de actuación na bisbarra da Coruña e no distrito de Ordes. De influencia anarquista e relacionada cos sindicatos coruñeses desa tendencia, estaba formada por traballadores que combinaban a agricultura a tempo parcial con empregos na cidade da Coruña. Os seus principais dirixentes foron José Moreno Bello e Manuel Martínez Pérez. Acadou a súa maior dimensión a principios do verán de 1908 con 33 sociedades adheridas. Tivo diverxencias cando os problemas específicos do campo chocaron co discurso e a práctica dos sindicatos obreiros. Participou na Asemblea Agraria de Monforte, onde encetou a súa desfeita. Deveceu pola represión e o afastamento da tendencia próxima aos solidarios.