Bartolomé Calderón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBartolomé Calderón
Biografía
Nacemento1861 Editar o valor em Wikidata
Muros, España Editar o valor em Wikidata
Mortedecembro de 1931 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Bordeos, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Bartolomé Calderón, nado na Coruña e finado en Bordeos en decembro de 1931,[1][2] foi un economista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Juan Antonio Calderón. Instalouse en París como axente de Bolsa. Colaborou en La Crónica del Trabajo e foi un dos fundadores e gran animador da revista agraria Prácticas Modernas, onde tamén asinaba cos pseudónimos Agro e F. Alocitro. Militou en Solidaridad Gallega. Tamén colaborou en La Voz de Galicia, El Noroeste e Galicia Industrial y Comercial.

Obras[editar | editar a fonte]

  • El pan y el trigo en el problema de las subsistencias y de la economía nacional, 1904.
  • Fomento de la ganadería. Estudio de la decadencia de la riqueza pecuaria española y medios prácticos de mejorarla, 1906.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 5-12-1931, p. 1
  2. Galicia Industrial y Comercial, 70, decembro de 1931, p. 14