Potín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O potín é unha aliaxe monetaria utilizada na cuñaxe de moeda en momentos e culturas moi puntuais. Polo xeral, a súa composición é á base de cobre, estaño e chumbo en proporcións variables, e é motivo de controversia no ámbito numismático a necesidade da presenza de prata na aliaxe.[1][2][3]

O seu aspecto é moi similar ao do billón mais, en tanto que este último se utilizou nas emisións do baixo Imperio Romano, o potín é característico dalgunhas emisións da Antiga Grecia (sobre todo nas cecas de Alexandría e Antioquía) e, fundamentalmente, da moeda celta.[1][3][4][5]

Uso na moeda celta[editar | editar a fonte]

Moeda de potín dos celtas da Galia.

En 1890 produciuse un achado arqueolóxico único no continente, nun antigo asentamento de vivendas prehistóricas en Vicus Turicum, preto do actual Zúrich, Suíza, consistente nunha acumulación de vultos de potín, o maior dos cales pesaba arredor de 60 quilos. Estes vultos resultaron ser grandes cantidades de moedas celtas fusionadas e mesturadas con restos de carbón. Algunhas destas preto de 18.000 moedas proviñan da Galia oriental, en tanto que outras tiñan unha tipoloxía local e foron asignadas aos pobos Helvecios, arredor do ano 100 a. de C.[1][6][7]

A primeira mostra de pezas similares nas illas británicas parece ser a constituída polos coñecidos como "Thurrock potins", e datan da fin do século II a. de C. Crese que estas moedas circularon sobre todo na zona de Kent e que estaban baseadas noutras emitidas en Massalia, na actual Marsella.[1][8][9][10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Gruel, K. et al. (1995).
  2. "Le potin". En Le site des métaux & alliages monétaires. Etna-Mint.fr
  3. 3,0 3,1 "Potín". En Alfaro Asins (2009).
  4. "Potin". En Stevenson, W. et al. (1889).
  5. Nick, M. (2003).
  6. Nick, M. (2009).
  7. Nick, M. (2005).
  8. De Jersey, P. (1996). Páxina 20.
  9. Cunliffe, B. (2005). Páxina 133.
  10. Fox, M. (2013). "The Tale of the Thurrock Potins". En The Numismatist. Setembro. Páxinas 37-43.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]