Posición do misioneiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Posición básica de contacto ventre con ventre.

A posición do misioneiro é unha posición sexual na que a muller permanece deitada no seu lombo mentres o nome está sobre ela, cara a cara, e realizan o coito ou outra actividade sexual.[1][2][3] Malia estar comunmente asociada á actividade sexual heterosexual, esta posición sexual tamén pode ser practicada por parellas gais e lesbianas.[2]

A posición do misioneiro pódese practicar para a penetración sexual ou o sexo sen penetración (por exemplo, o sexo intercrural), e é un exemplo de actividade reprodutiva ventro-ventral (cara a cara).[4] Variacións da posición permiten variar os graos de estreitez vaxinal, a estimulación clitoriana, a profundidade da penetración, a participación da muller, e a probabilidade e velocidade do orgasmo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Missionary position". Merriam-Webster. Consultado o 24 de xaneiro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 "What is the missionary position?". Go Ask Alice! (Columbia University). 26 de maio de 2015. Consultado o 5 de decembro de 2015. 
  3. Keath Roberts (2006). Sex. Lotus Press. p. 145. ISBN 8189093592. Consultado o 17 de agosto de 2012. 
  4. Dixson, Alan F. (1998). Primate Sexuality: Comparative Studies of the Prosimians, Monkeys, Apes, and Human Beings. Oxford, Inglaterra: (Oxford University Press. p. 113. ISBN 978-0-19-850182-4.