Portal:Xapón/Cidade destacada/1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Toquio ou Tokio (en xaponés 東京, とうきょう (Tōkyō?) ja-Tokyo.ogg pronunciación (lit. capital do leste), oficialmente 東京都, とうきょうと (Tōkyō-to?) (Metrópole de Toquio), é a capital e unha das 47 prefecturas do Xapón. Situase en Honshu, a maior illa do arquipélago. A prefectura ten 12.064.101 habitantes, preto do 10% da poboación do país, e a súa área metropolitana 31.2 millóns. Toquio é famosa pola Torre de Toquio. Foi fundada en 1457, co nome de Edo ou Yedo. Tornouse a capital do imperio no 1868 coa actual designación. Sofreu grande destrución dúas veces; unha no 1923, cando foi atinxida por un terremoto; e outra no 1944 e 1945, cando bombardeos americanos destruíron grande parte da cidade e mataron máis de 150 mil persoas.

Aínda que Toquio sexa considerada unha das cidades máis importantes, movimentadas e densamente habitadas do mundo, ela non é, tecnicamente, unha cidade. Non hai no Xapón unha cidade chamada "Toquio". Na verdade, Toquio é designada como unha metrópole (都 - to), similar a unha prefectura do Xapón (県 - ken), e é constituída de 23 barrios (区 - ku), 26 cidades primarias (市 - shi), 5 cidades secundarias (町 - cho ou machi) e oito vilas diferentes (村 - son ou mura). Cada unha delas posúe un goberno que opera a nivel rexional. Son parte de Toquio tamén pequenas illas no Océano Pacífico, localizadas a máis de mil km sur, nos subtrópicos.

Toquio é o principal centro político, financeiro, comercial, educativo e cultural do Xapón. Así sendo, Toquio posúe a maior concentración de sedes de empresas comerciais, institucións de ensino superior, teatros e outros establecementos comerciais e culturais do país. Toquio tamén posúe un sistema de transporte público altamente desenvolvido, con numerosas liñas de trens, metro e de autobuses, así como o Aeroporto Internacional de Toquio.