Portal:Xabarín Club/Serie destacada/3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O mundo de Beakman (en inglés: Beakman's World) foi un programa de televisión educativo baseado na tira cómica You Can with Beakman and Jax, creado por Jok R. Church e producido por ELP Communications, Columbia Pictures Television e Columbia TriStar Television Distribution.

A primeira aparición tivo lugar en setembro de 1992, na canle The Learning Channel (TLC) e a nivel nacional en 225 emisoras. O 18 de setembro de 1993 trasladouse ó horario infantil matutino da CBS. No cume da súa popularidade, era visto en 90 países arredor do mundo. A serie foi cancelada a mediados de 1998. O mundo de Beakman gañou máis de 25 grandes premios.

O programa protagonizado por Paul Zaloom como Beakman, un científico excéntrico que fai experimentos cómicos e demostracións, ás veces a petición escrita dos televidentes, para ilustrar os conceptos básicos da ciencia, coma a densidade ou a electricidade.

Durante anos, Beakman foi axudado nos seus experimentos por unha muller. De 1993 a 1994, foi Josie (Alanna Ubach); de 1994 a 1995 Liza (Eliza Schneider); de 1995 a 1996 Phoebe (Senta Moses). Beakman tamén estivo acompañado nos seus programas por Lester "a Rata" (Mark Ritts). No episodio piloto, Lester era un monicreque, pero a partir daquela foi un home disfrazado de rata. Algunhas veces Lester resistíase a axudar a Beakman nos experimentos, pero este persuadíao prometéndolle comida. A actriz Jean Stapleton tamén apareceu no show facendo o papel da nai do científico.

Unha das frases características de Beakman era: "¡Bada bing, bada bang, bada imos alá!".

Tanto ao comezo coma ó final do programa, e ás veces antes e despois da publicidade intermedia, inseríanse escenas de dous pingüíns, Don (con voz de Bert Berdis) e Herb (con voz de Alan Barzman), no Polo Sur, vendo O mundo de Beakman pola televisión. Mark Ritts (Lester) tamén foi un dos titiriteros que manexaba ós pingüíns.