Portal:Historia/Efemérides destacadas/24 de marzo
- 809, morre Harun al-Rashid, califa da dinastía abasí de Bagdad
- 1401, o emperador turco-mongol Tamerlán saquea Damasco.
- 1603, morre Isabel I, raíña de Inglaterra e de Irlanda.
- 1603, Xacobe I é nomeado rei de Inglaterra, séndoo xa de Escocia e de Irlanda.
- 1707, asínase a Lei de Unión, entre os reinos de Inglaterra e Escocia, nacendo un novo país chamado Reino de Gran Bretaña.
- 1874, nace Luigi Einaudi, segundo presidente da República italiana.
- 1923, Grecia convértese nunha república.
- 1987, unha folga xeral convocada por CC.OO. paraliza a actividade laboral en Asturias.
- 2003, a Liga Árabe aproba por votación unha resolución pedindo a retira inmediata e incondicional das tropas estadounidenses de Iraq.