Portal:Finlandia/Cidade destacada/Arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí están todas as cidades destacadas no portal da Finlandia:

1[editar a fonte]

Helsinqui (en finés: Helsinki.ogg Helsinki , en sueco: Sv-Helsingfors.ogg Helsingfors ) cuns 628.000 habitantes, é a capital da República de Finlandia e a maior cidade. Está situada na costa sur do mesmo país, á beira do Golfo de Finlandia. Foi fundada no 1550 polos suecos. En 1809 pasou a mans rusas, ata 1917, data da independencia do país.

En 1952 foi sede olímpica dos Xogos de verán, dos que saíu reforzada no panorama deportivo mundial. No agosto de 2005 acolleu o Campionato Mundial de Atletismo. Como atracción turística atópase a catedral de Uspenski (1868), deseñada por Alexander Gornostayev, de grande valor artístico. Tamén é digna de ver o conxunto neoclásico da Praza do Senado, na parte antiga da cidade.

En 2000 foi elixida Cidade Europea da Cultura, e celebrou o seu 450º aniversario.


2[editar a fonte]

Tampere (en sueco Tammerfors) é unha cidade de Finlandia, capital da rexión de Pirkanmaa (provincia de Finlandia Oriental). Segundo o censo do 31 de xaneiro de 2012 ten unha poboación de 215.315 hatibantes. A cidade está situada ao sur do país, entre os lagos Näsijärvi e Pyhäjärvi. É a terceira cidade máis poboada de Finlandia por detrás de Helsinqui e Espoo.

Tampere está situada entre dous lagos, o Näsijärvi e o Pyhäjärvi. Como entre ambos lagos hai un desnivel de 18 metros, os rápidos que os comunican, Tammerkoski, teñen sido unha importante fonte de enerxía ao longo da historia da cidade, máis recentemente xerando electricidade. Tampere é alcumada a "Manchester de Finlandia" polo seu pasado industrial como antigo centro da industria finlandesa.

Orixinalmente fundada como mercado á beira da canle Tammerkoski en 1775 por Gustavo III de Suecia, catro anos despois, o 1 de outubro de 1779, concedéronselle dereitos de cidade.


3[editar a fonte]

Kajaani (en sueco Kajana) é unha cidade de Finlandia. Está localizada no centro do país, ao sueste do Lago Oulu (en finés Oulujärvi), que drena ao golfo de Botnia a través do Río Oulu (en finés Oulujoki). É o centro e capital da rexión de Kainuu, da cal é tamén a cidade máis poboada. A día 31 agosto 2018, tiña unha poboación de 37.039.

A cidade fundouse no século XVII, alimentada polo crecemento da industria do alcatrán. Sucumbiu ante as forzas rusas durante a Gran Ira do século XVIII, que destruiu o castelo de Kajaani en 1716. Hoxe en día, a economía local está impulsada principalmente polas industrias da serra, a madeira para construción e a industria papeleira, aínda que a fábrica de papel de UPM Kymmene en Kajaani, a principal empresa que proporcionaba traballo dende 1907 ata 2008, está agora pechada. A igrexa de Kajaani foi construída en 1896 en estilo neogótico polo arquitecto Jac Ahrenberg, remprazando a unha igrexa anterior. O Teatro Municipal de Kajaani fundouse en 1969.

Kajaani é a casa de dous equipos de fútbol, AC Kajaani e Kajaanin Haka, e do equipo de hóckey sobre xeo Hokki. A Universidade de Ciencias Aplicadas de Kajaani foi fundada en 1992.


4[editar a fonte]

Portal:Finlandia/Cidade destacada/4

5[editar a fonte]

Portal:Finlandia/Cidade destacada/5

6[editar a fonte]

Portal:Finlandia/Cidade destacada/6

7[editar a fonte]

Portal:Finlandia/Cidade destacada/7

8[editar a fonte]

Portal:Finlandia/Cidade destacada/8

9[editar a fonte]

Portal:Finlandia/Cidade destacada/9

10[editar a fonte]

Portal:Finlandia/Cidade destacada/10