Portal:A Coruña/Artigo destacado/9

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC), antes coñecido coma Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo, é un conxunto de centros de asistencia sanitaria especializada, docencia e investigación en Ciencias da Saúde pertencente ao Servizo Galego de Saúde (Sergas), localizado na cidade da Coruña. Inaugurouse en 1972 e ten unha zona de docencia dependente da Universidade da Coruña. O centro é de referencia en queimados críticos, transplante de pulmón ou traumatoloxía infantil, entre outros.

O CHUAC foi inaugurado en 1972 por Franco co nome de Residencia Sanitaria Juan Canalejo en honra ao falanxista Juan Canalejo. O CHUAC foi o primeiro hospital de Galiza en facer transplantes, de ril en 1981, de corazón en 1991, e de fígado en 1994 era un centro de referencia para tratar a hemofílicos ou a lesionados medulares. En 1976 fixo a primeira operación para separar siamesas. En 1992 o hospital pasou a depender do Sergas ata entón dependeu do Insalud.

Hoxe en día do Complexo Hospitalario Universitario (CHUAC) forman parte o Hospital A Coruña, o Hospital Abente y Lago, o Materno Infantil (Hospital Teresa Herrera) e o Hospital Marítimo de Oza, así como os centros de especialidades do Ventorrillo, Carballo e Betanzos